InicioSANTIAGOAMESAmes presenta o XIX Festival Internacional de Maxia con novidades para todas...

Ames presenta o XIX Festival Internacional de Maxia con novidades para todas as idades

O evento contará con maxia para bebés, maiores, obradoiros e unha gala máxica internacional nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta mañá, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a presentación do XIX Festival Internacional de Maxia de Ames (FestiMax), que se celebrará os días 25, 26 e 27 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O evento, organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, contará con espectáculos, obradoiros e novidades como sesións de maxia para bebés e maiores.

O concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García, destacou a longa traxectoria do FestiMax, sinalando que “a súa vixésima edición debe ser un referente, xa que non é habitual que iniciativas deste tipo duren tanto no tempo”. Pola súa parte, o mago e produtor Dani Polo, director do festival, destacou a presenza de artistas nacionais e internacionais, que farán de Ames a “capital mundial da maxia” durante esa fin de semana.

Entre as actividades do festival destacan a maxia para maiores con Dani Polo, o espectáculo para bebés do Mago Paco, así como obradoiros de maxia para nenos e nenas. A programación culminará coa Gala Máxica Internacional, que contará coa participación de ilusionistas como Nacho Samena, Ramó & Alegría, Bruno Tarnecci e Néstor Hato.

As entradas e convites xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Para máis información pódese contactar cos números de teléfono 981 535 940 ou 662 377 444.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here