InicioPOLÍTICABesteiro rexeita falar sobre o expediente aos edís socialistas e di que...

Besteiro rexeita falar sobre o expediente aos edís socialistas e di que o proceso conta con “todas as garantías”

"Cando hai unha situación de expediente disciplinario aberto, o secretario xeral non debe falar en ningún caso, non debe prexudicar o que vai saír de aí", afirmou o secretario xeral do PSdeG

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou interferir nos expedientes abertos aos edís de Santiago de Compostela por desafiar as directrices da dirección local e asegurou que o proceso interno conta con “todas as garantías”.

Besteiro pronunciouse deste xeito nun almorzo informativo ofrecido este xoves ao ser preguntado sobre a situación interna en Santiago de Compostela.

Na súa intervención e tras coñecerse que o partido está a comunicar a apertura destes expedientes aos concelleiros, que agora poden presentar alegacións, Besteiro volveu a rexeitar unha vez máis pronunciase sobre os expedientes.

Cando hai unha situación de expediente disciplinario aberto, o secretario xeral non debe falar en ningún caso, non debe prexudicar o que vai saír de aí”, afirmou.

Besteiro trasladou que “espera” que as cuestións “se reconduzan” pero dixo que, máis aló diso, non vai prexulgar tendo en conta que se tratan dun proceso “con todas as garantías”. “Calquera que interfira nese proceso estará a facer un mal ao proceso”, apuntou.

En concreto, o conflito interno no PSOE compostelán estalou o pasado 24 de xuño, cando o seis edís –Mercedes Rosón, Milagres Castro, Gumersindo Guinarte, Marta Abal, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez– romperon nun pleno municipal a disciplina de voto marcada pola dirección local nunha ordenanza sobre vivendas turísticas.

Ese mesmo día que tivo lugar o pleno e a citada votación, tivo lugar unha reunión da executiva local do PSOE, na que a que na que a dirección local aprobou cambios no persoal de confianza, o que implicaba o cesamento da xefa de gabinete e o xefe de prensa do grupo municipal. Con todo, o portavoz municipal rexeitou asinar estes cesamentos, polo que tamén foi expedientado.

ÚLTIMAS

Sanmartín asegura que están en prazo para asinar o convenio do parque comarcal de Bombeiros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que o proceso para asinar o convenio...

A alcaldesa de Santiago confirma a súa asistencia á reunión coa Xunta para tratar a taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que asistirá este venres á reunión na...

Santiago acolle a xornada ‘Mover os Marcos’ en outubro cun encontro de debate dirixido aos mozos

O Centro Xove de Creación Cultural de Santiago acollerá o próximo 5 de outubro...

Comeza a tempada expositiva nas galerías de Santiago con novos traballos artísticos

A tempada expositiva das galerías de arte comezou este xoves en Santiago de Compostela,...

Rueda defende que a taxa turística debería solucionar os problemas de afluencia en Santiago

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reafirmou a súa posición respecto á...

Rueda non ve inconveniente en aplicar unha taxa turística e que “o concello que a pida se responsabilice”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse este martes aberto á aprobación dunha taxa...

O Partido Popular critica a inactividade do BNG no voluntariado en Santiago

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, cargou contra o BNG por...