InicioPOLÍTICAO Partido Popular critica a inactividade do BNG no voluntariado en Santiago

O Partido Popular critica a inactividade do BNG no voluntariado en Santiago

Yolanda Otero acusa ao BNG de esquecer o voluntariado e de non aproveitar programas europeos de axudas

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, cargou contra o BNG por “esquecer” o eido do voluntariado no municipio. Segundo Otero, a formación nacionalista non conta cun Plan estratéxico de Voluntariado, non reactivou a Oficina Municipal de Voluntariado e non participa en programas europeos como o Corpo Europeo de Solidariedade ou o Programa de voluntariado xuvenil.

A edil popular destacou que levan meses reclamando a creación dun plan que poña en marcha a oficina como “referente e canle de información” para as entidades sociais e para aquelas persoas interesadas en colaborar en actividades de voluntariado. “O voluntariado é un activo intanxible de gran valor social para Santiago”, apuntou Otero, resaltando o papel fundamental que teñen as organizacións sociais no fortalecemento do tecido asociativo local.

Otero tamén criticou que o BNG non teña actualizado os datos de contacto do concello no portal galego de entidades de voluntariado, e subliñou a importancia de captar axudas europeas que permitan desenvolver proxectos solidarios en Santiago. “É esencial que as persoas voluntarias poidan adquirir habilidades e experiencias que melloren a súa empregabilidade e contribúan ao seu desenvolvemento persoal e profesional”, afirmou.

O Partido Popular insta ao goberno municipal a reactivar o voluntariado en Santiago, aproveitando todos os recursos dispoñibles, tanto locais como europeos, para fomentar a participación cidadá e a solidariedade na cidade.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here