InicioSANTIAGOSantiago acolle a xornada 'Mover os Marcos' en outubro cun encontro de...

Santiago acolle a xornada ‘Mover os Marcos’ en outubro cun encontro de debate dirixido aos mozos

O evento terá charlas con aforamentos reducidos que faciliten a participación do público. Como preludio ao evento, o día 3 de outubro, a Sala Capitol acollerá unha xornada previa coas actuacións de Alana e Momboi

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Xove de Creación Cultural de Santiago acollerá o próximo 5 de outubro a xornada ‘Mover os Marcos’, un encontro no que os mozos debaterán sobre temas como as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural e a tecnoloxía.

O evento terá charlas con aforamentos reducidos que faciliten a participación do público. Como preludio ao evento, o día 3 de outubro, a Sala Capitol acollerá unha xornada previa coas actuacións de Alana e Momboi.

Segundo informou o Concello, as entradas para ambos os eventos serán gratis e están dispoñibles na plataforma ‘Eventbrite’.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mostrou o seu agradecemento por celebrar o encontro na cidade que é un “centro de efervescencia” de ideas e transformación.

“Este proxecto é o resultado dunha traxectoria da área de cultura da Deputación, que leva tentando mover os marcos e dando voz ás persoas creadoras durante anos. Iso é o que temos que facer desde as institucións e favorecer a participación da xente nova e escoitar as súas propostas”, afirmou a rexedora compostelá.

Neste sentido, destacou a “importancia de escoitar” aos mozos que se fan “preguntas esenciais” e que realiza “magníficas propostas” en todos os ámbitos.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...