InicioSANTIAGOEstes son os voos que perderá o aeroporto de Lavacolla a partir...

Estes son os voos que perderá o aeroporto de Lavacolla a partir de outubro

Boloña, Bruxelas, Dublín, Memmingen, Milán-Bérgamo, Ámsterdam e Fráncfort deixarán de ter conexión directa con Galicia

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A oferta de voos internacionais do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago quedará reducida ao mínimo a partir do vindeiro mes de outubro. Trátase dun recorte de liñas e frecuencias que xa afectara ao principal aeroporto galego o ano pasado. O pasado inverno, as compañías aéreas fixeron desaparecer 9 das 15 que conectaban compostela con aeroportos europeos.

A partir deste mes de outubro os únicos voos internacionais que operará o aeroporto de Lavacolla serán a Londres, París, Xinebra e Basilea.

Estas son as rutas principales que desaparecerán ou que verán reducidas as súas frecuencias:

Destino Compañía aérea Estado da ruta
Londres Vueling Mantén os servizos
Londres Ryanair Elimina o voo dos sábados, manténdoo de luns a venres
París Vueling Reduce de 5 a 3 os voos semanais (luns, venres e domingo)
Basilea EasyJet Reduce de 4 a 2 os voos semanais (martes e sábados)
Xinegra EasyJet Reduce o servizo diario a 3 semanais (mércores, venres e domingo)
Memmingen Ryanair Elimínase a ruta a partir do 24 de outubro
Milán-Bérgamo Ryanair Elimínase a ruta a partir do 25 de outubro
Dublín Ryanair Elimínase a ruta a partir do 25 de outubro
Boloña Ryanair Elimínase a ruta a partir do 30 de outubro
Bruxelas Ryanair Elimínase a ruta a partir do 1 de novembro
Ámsterdam Vueling Elimínase a ruta a partir do 26 de outubro
Fráncfort Lufthansa Elimínase a ruta a partir do 26 de outubro
Dublín Swiss Elimínase a ruta a partir do 25 de outubro
O CONCELLO RECLAMA Á XUNTA MÁIS IMPLICACIÓN

O Concello de Santiago, pola súa parte, volve poñer sobre a mesa a falta de coordinación entre os tres aeroportos galegos tras este recorte de rutas exteriores en Lavacolla. Esta situación levou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, e á concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a interpelar tanto á Xunta de Galicia como a Aena para que tomen medidas ante esta perda de conexións internacionais.

Louzao recoñeceu que as decisións das aeroliñas, como empresas privadas, “responden ás súas políticas”, pero subliñou que é o Goberno galego quen debe liderar a política aeroportuaria en Galicia. “Noutras comunidades, os gobernos autonómicos están a investir no ámbito aeroportuario. Aquí pedimos que a Xunta tome partido”, afirmou.

Na mesma liña, recordou que en abril deste ano, durante unha reunión do comité de coordinación aeroportuaria, a alcaldesa tamén pediu apoio a Aena para avanzar cara á coordinación dos tres aeroportos galegos. “Entendemos que a política aeroportuaria ten que ser de país, pero nin desde Aena nin desde a Xunta obtivemos resposta”, lamentou Louzao.

Aínda que Lavacolla rexistrou un incremento do 7 % no tráfico comercial entre xaneiro e xullo, o recorte de rutas internacionais segue sendo unha preocupación para o Concello, xa que un total de 8 cidades europeas perderán conexión coa capital galega: Bolonia, Bruxelas, Dublín, Memmingen e Milán-Bérgamo, Ámsterdam e Fráncfort, o que se suma á cancelación previa de Zúrich. Así, as únicas rutas exteriores que quedarán dispoñibles serán con Londres, París, Xenebra e Basilea.

Por outra banda, a Xunta de Galicia compartiu a necesidade de coordinar as rutas dos tres aeroportos galegos, pero criticou a falta de avances concretos por parte dos concellos de Santiago, Vigo e A Coruña. Desde o Goberno de Rueda, insisten en que os concellos deben apostar pola coordinación sen visións localistas para facer competitivo o sistema aeroportuario galego.

Finalmente, Aena recordou que presentou os seus incentivos para aumentar o tráfico aéreo e destacou que participa activamente en foros turísticos, aínda que matizou que non interfire nos plans de promoción turística que as administracións pactan coas compañías aéreas.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here