InicioSANTIAGOO Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O exfiscal xeral do Estado impartirá a sesión o luns 5 de outubro na Rúa do Vilar, que tamén poderá seguirse en directo por streaming

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación de conferencias deste curso coa participación de Álvaro García Ortiz, exfiscal xeral do Estado. A cita terá lugar ás 19:30 en Afundación, na Rúa do Vilar, 19, e poderá seguirse tamén en directo por streaming a través da web e da canle de YouTube do Ateneo.

Baixo o título ‘A transformación da xustiza’, a conferencia analizará os cambios que está a experimentar a Administración de Xustiza e os retos derivados da súa adaptación ás novas realidades sociais. García Ortiz abordará estas cuestións desde a perspectiva adquirida durante a súa traxectoria na carreira fiscal, na que desenvolveu diferentes responsabilidades durante máis de dúas décadas.

O relator estivo ademais estreitamente vinculado profesionalmente con Santiago e Galicia. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid, incorporouse á Fiscalía en 1998 e tivo o seu primeiro destino en Maó. En 2002 trasladouse á Fiscalía da Área de Santiago de Compostela e posteriormente especializouse en materia ambiental no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nesta etapa asumiu en 2005 a acusación pública no caso do Prestige, unha das causas xudiciais de maior dimensión vinculadas a un desastre ambiental en Galicia. A súa carreira levouno posteriormente a formar parte do Consello Fiscal e a exercer como fiscal xefe da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado.

García Ortiz asumiu en 2022 a Fiscalía Xeral do Estado, responsabilidade que desempeñou ata novembro de 2025. Na súa traxectoria tamén formou parte da dirección de ‘Magistrats Européens pour la Démocratie et les Libertés’, organización europea integrada por asociacións de maxistrados e fiscais. Ademais do seu percorrido dentro da Fiscalía, o conferenciante colaborou como articulista en diferentes medios de comunicación e publicacións especializadas.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here