InicioPOLÍTICAPedro Blanco preséntase como o candidato "valente" do PSdeG para Compostela

Pedro Blanco preséntase como o candidato “valente” do PSdeG para Compostela

Aposta por "ordenar a casa" --o concello-- para mellorar os servizos públicos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O candidato á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, avogou por un cambio en Santiago de cara ás próximas eleccións municipais para impulsar un goberno “valente” que tome decisións e resolva os problemas da veciñanza. Nun almorzo informativo cos medios de comunicación, Blanco, acompañado dos actuais concelleiros socialistas Sindo Guinarte e Marta Abal, adiantou as prioridades sobre as que o PSdeG-PSOE está a construír o seu proxecto para as eleccións municipais e asegurou que quere ser alcalde para liderar un goberno “valente, que resolva problemas e, sobre todo, que recupere ese orgullo de Compostela”.

Neste contexto, situou como punto de partida “poñer orde na casa” e garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais. “Temos a absoluta convicción de que os servizos municipais, que constitúen a sala de máquinas desta gran nave, precisan ser escoitados e dotados de medios”, remarcou. “Se o Concello funciona, a cidade funciona, e viceversa“, resumiu, citando aspectos como a mellora da limpeza ou o funcionamento do transporte público e reclamando unha cidade “cómoda e amábel”.

Como segunda prioridade, Blanco referiuse á renovación urbana e ás políticas de vivenda e benestar social. Para iso, anunciou o inicio dunha serie de visitas aos barrios, co obxectivo de “escoitar a veciñanza e as asociacións ou diferentes colectivos” e ligar os seus problemas con solucións. “Escoitar para acertar. Só desa maneira podemos acertar como candidatura”, afirmou.

COMPETIR COS GRANDES FOCOS INDUSTRIAIS DE GALICIA

Nesta liña, para o candidato socialista o terceiro bloque importante é construír un Santiago “innovador” e impulsar o seu desenvolvemento económico. Aposta por aproveitar a universidade pública e potenciar o tecido empresarial e industrial. “Santiago non debe nin queremos renunciar a competir cos grandes focos industriais de Galicia. Creo que podemos competir perfectamente. O Concello ten que facilitar as cousas para que ese impulso industrial se dea e non debe ser nunca un obstáculo”, reivindicou.

En relación co Goberno actual –BNG e Compostela Aberta–, Blanco opinou que considera que xa está “esgotado” e “non responde nin acompaña as ganas que ten a cidade”. “Santiago necesita un cambio”, resolveu.

LISTA DO PSOE

Preguntado acerca de se os actuais concelleiros socialistas, Guinarte e Abal, estarán dentro da candidatura do PSOE para as eleccións de maio, Blanco puxo en valor o traballo desenvolvido até o momento polos edís, sen chegar a confirmar nin desmentir a súa participación. Pola súa parte, Guinarte enfatizou que ambos están á súa disposición, pero iso non quere dicir necesariamente que vaian nas listas. “É posible que si, é posible que non, é posible que un si, é posible que outro non. Desde logo, conta absolutamente co noso apoio e estamos á súa disposición para colaborar no lugar que el considere máis axeitado”, concluíu.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...