InicioSOCIEDADEA USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

As pezas, cedidas temporalmente pola familia do pintor, estarán expostas en varias aulas e no despacho do decano

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor José María Fenollera e Ibáñez, que pasarán a formar parte do patrimonio artístico exposto na Facultade de Xeografía e Historia. As pezas estarán situadas nas aulas 12, 13 e 15, así como no despacho do decano da Facultade. A entrega formal tivo lugar no Paraninfo da USC, nun acto no que a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, destacou a estreita relación entre a historia do edificio e a figura de Fenollera.

Segundo lembrou, o artista naceu en Valencia e chegou a Santiago en 1886, cidade na que acabou establecendo a súa residencia permanente e na que deixou unha fonda pegada. Cabana salientou tanto a súa vinculación coa Real Sociedade Económica de Amigos do País como o peso da súa obra dentro do patrimonio universitario.

UN RETRATISTA FUNDAMENTAL NO PATRIMONIO DA USC

A vicerreitora definiu Fenollera como un “extraordinario retratista e pintor de tipos e escenas de costumes”, características que tamén están presentes nas 13 obras agora cedidas á Universidade. A cesión formalizouse mediante un comodato coa familia Fenollera, polo que as pezas pasan temporalmente á USC sen perder a súa titularidade orixinal. “A cesión temporal deste legado, sen dúbida, enriquecerá os fondos do patrimonio histórico-artístico da Universidade”, destacou Ana Cabana. A incorporación destas obras permitirá así ampliar a presenza de Fenollera no espazo universitario e reforzar a relación histórica entre a súa produción artística e a propia USC.

ÚLTIMAS

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...