InicioSANTIAGOA hamburguesería La Urbana chegou a Santiago con promocións únicas para celebrar...

A hamburguesería La Urbana chegou a Santiago con promocións únicas para celebrar a súa nova apertura

A coñecida cadea de hamburgueserías inaugura o seu primeiro local en Compostela con actividades especiais e ofertas

Publicado o

Xornal de Compostela

Este pasado mércores a cadea de hamburgueserías La Urbana, xa recoñecida en Lugo e Vigo, abre as súas portas en Santiago de Compostela coa promesa de revolucionar o panorama gastronómico local coas súas hamburguesas de estilo galego e produtos de calidade premium. A inauguración tivo lugar no Centro Comercial As Cancelas, onde os visitantes poderán disfrutar dunha carta que inclúe tanto burgers artesás como exclusivas Burgers de Autor, creadas por algúns dos chefs máis prestixiosos de Galicia.

Como parte das celebracións de apertura, La Urbana lanzou dúas promocións especiais deseñadas para atraer e deleitar ao público compostelán. A primeira, a acción #EncuentraLaCajaVerde, consistiu en esconder dez caixas verdes en distintos puntos da cidade desde primeiras horas da mañá. Os afortunados que atoparon estas cajas recibiron instrucións para reclamar unha burger gratis no novo establecemento. Ademais, as primeiras 50 persoas que chegaron ao local despois das 13:30 horas foron agasalladas cun vale especial para desfrutar tamén dunha hamburguesa gratuíta.

Nun xesto de recoñecemento á fidelidade dos seus clientes, La Urbana tamén lanzou a campaña #NoEncontramosaAna, unha busca para localizar a unha clienta chamada Ana que expresou o seu entusiasmo polas hamburguesas da cadea nunha reseña. Aínda que non lograron localizala, a cadea decidiu homenaxear a calquera chamada Ana que se presentase no local co seu DNI, ofrecéndolle unha hamburguesa gratis como agradecemento.

Con estas iniciativas, La Urbana non só busca expandir a súa presenza no mercado galego, senón tamén consolidar a súa posición como un referente na industria das hamburguesas gourmet. “En La Urbana, sempre estamos buscando novas formas de sorprender aos nosos clientes e facer que a súa experiencia con nós sexa memorable en todos os sentidos”, afirmaron os responsables da cadea. Con esta nova apertura en Santiago esperan seguir compartindo a súa paixón polas hamburguesas estilo galego con aínda máis persoas.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here