InicioSANTIAGOUn grupo cidadán convoca un acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz...

Un grupo cidadán convoca un acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das Máquinas

A iniciativa, de carácter veciñal, celebrarase na Casa das Máquinas con participación de diversas figuras da cidade

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O grupo promotor dun acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz presentou este xoves en Santiago de Compostela unha iniciativa que busca render homenaxe ao ex fiscal xeral do Estado dende unha perspectiva cívica e veciñal. A convocatoria, organizada de maneira autoxestionada, terá lugar o próximo xoves 23 ás 19:00 na Casa das Máquinas, no ámbito do barrio de San Lourenzo e o Sarela.

Durante a presentación no Café Airas Nunes, Encarna Otero explicou que o acto nace como unha “invitación ao conxunto da cidadanía” para participar nun evento que pretende expresar “afecto, veciñanza e recoñecemento” a unha persoa que decidiu residir na cidade. Segundo indicou, a elección do espazo responde á vontade de celebralo nun lugar próximo ao seu barrio.

Pola súa banda, o historiador do grupo Histagra Lourenzo Fernández Prieto subliñou que se trata dun “acto de recoñecemento cívico” centrado na traxectoria persoal e profesional de García Ortiz, destacando tanto o seu papel como fiscal de medio ambiente en Galicia como o seu posterior nomeamento como fiscal xeral do Estado. “É unha persoa que, como moitos de nós, ten vida cívica e veciñal en Santiago”, afirmou, incidindo no vínculo directo do homenaxeado coa cidade.

O evento contará coa participación de integrantes do grupo promotor —entre os que figuran Xesús Veiga Buxán, Xoaquín Fernández Leiceaga, Manuel López Rivadulla, Marta Lois González, Encarna Otero Cepeda, e o propio Fernández Prieto— así como doutras figuras do ámbito educativo, xurídico e institucional. Entre as intervencións previstas están as de representantes da Unión Progresista de Fiscais, do Ateneo de Santiago, do ámbito universitario e do Concello.

Ademais das intervencións orais, o programa incluirá tres actuacións musicais breves, co obxectivo de acompañar o desenvolvemento do acto. O peche corresponderá ao propio Álvaro García Ortiz, quen intervirá ao final da xornada.

Os organizadores insistiron en que o acto non pretende entrar en debates políticos, senón poñer en valor a dimensión humana e a relación do homenaxeado coa comunidade compostelá. “Non é habitual recoñecer ás persoas en vida, pero cremos que é necesario facelo”, sinalou Otero.

Segundo indicaron, a resposta inicial da cidadanía foi positiva, cunha ampla disposición á participación tras a difusión da convocatoria a través de canles informais. O grupo promotor agarda que o acto reúna a un número significativo de asistentes e se desenvolva nun ambiente aberto e participativo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago limpa a pintada vandálica na estatua de Moncho Reboiras

O Concello de Santiago xa procedeu á limpeza da pintada coa que apareceu vandalizada...

‘Pint of Science’ levará 12 charlas científicas a bares de Santiago entre o 18 e o 20 de maio

Santiago de Compostela volverá sumarse este mes de maio a 'Pint of Science', o...

A participación cidadá avala máis verde, espazo peonil e zonas de estancia para redefinir o Ensanche compostelán

O Concello de Santiago incorporará os resultados do proceso de participación cidadá sobre o...

As Non Adscritas reclaman investigar “con celeridade” a denuncia dunha agresión homófoba no casco histórico

As concelleiras Non Adscritas de Santiago de Compostela reclamaron este mércores que se esclareza...

‘Pint of Science’ levará 12 charlas científicas a bares de Santiago entre o 18 e o 20 de maio

Santiago de Compostela volverá sumarse este mes de maio a 'Pint of Science', o...

Santiago blinda o Banquete de Conxo: a festa histórica reivindica o seu bosque co obxectivo ‘residuo cero’

Santiago prepárase para o Banquete de Conxo. O Concello fixou a histórica celebración para...

Santiago acolle esta fin de semana a LXXXV Asemblea Xeral da FAPE con debates sobre IA, precariedade e acoso dixital

Santiago de Compostela converterase esta fin de semana no punto de encontro do xornalismo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here