InicioSANTIAGOSantiago impulsa en Pontepedriña un sistema pioneiro de xestión da auga pluvial...

Santiago impulsa en Pontepedriña un sistema pioneiro de xestión da auga pluvial para adaptar a cidade ao cambio climático

A actuación do ‘Barrio Verde’ abrangue todo o ámbito cun investimento de 1,8 millóns e aposta pola renaturalización e a mellora do espazo público

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Goretti Sanmartín visitou este mércores, xunto ao concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, os traballos do denominado ‘Barrio Verde’ de Pontepedriña, unha intervención que busca mellorar a calidade ambiental do espazo público e avanzar na adaptación da cidade ao cambio climático.

A actuación incorpora un sistema innovador de xestión das augas pluviais, que substitúe o modelo tradicional de drenaxe por outro baseado na condución da auga cara a zonas verdes deseñadas como áreas drenantes. Estes espazos permiten filtrar a contaminación e favorecer a infiltración no terreo, reducindo a presión sobre a rede municipal e o risco de inundación.

Segundo explicou a rexedora, “Compostela avanza cara a un novo modelo de xestión da auga pluvial máis sustentable e que permitirá paliar os efectos do cambio climático”. Ademais, subliñou o carácter experimental do sistema, cuxo funcionamento será avaliado nos próximos anos para a súa posible extensión a outras áreas urbanas.

A visita institucional comezou na rúa do Escultor Camilo Otero, onde se están a executar actuacións no entorno do parque Eugenio Granell e no noiro do IES de Pontepedriña. Neste ámbito sitúase tamén unha balsa de biorremediación que recolle a auga da chuvia procedente da rúa de Amor Ruibal, conectada mediante unha canle habilitada para este fin.

Posteriormente, o percorrido continuou pola propia rúa de Amor Ruibal, onde os responsables municipais comprobaron o avance da transformación dunha das marxes e a evolución das obras na outra. A intervención pretende estender a zona verde existente máis alá do parque Eugenio Granell, creando unha continuidade ambiental no barrio.

O proxecto, cun investimento de 1,8 millóns de euros, forma parte da iniciativa ‘Entre Sar e Sarela’, na que participa o Concello en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e que conta con financiamento europeo a través dos fondos Next Generation, canalizados pola Fundación Biodiversidade.

MELLORAS AMBIENTES E REORDENACIÓN DO ESPAZO URBANO

Nos últimos meses executáronse actuacións centradas na recuperación ambiental e a renaturalización do ámbito. Entre elas, destacan a eliminación de especies invasoras, a plantación de vexetación autóctona e a redución de superficies impermeables.

As beirarrúas están a ser substituídas por materiais drenantes, que permiten a filtración da auga e favorecen o intercambio gasoso do solo. Ademais, reorganizouse o espazo viario para reducir a superficie destinada ao tráfico rodado, mantendo a circulación en ambos sentidos, pero gañando superficie para zonas verdes, áreas de estancia e mobilidade peonil.

Tamén continúa a construción dunha plataforma única na contorna do instituto e do centro sociocultural, unha medida orientada a mellorar a accesibilidade e incrementar a seguridade das persoas usuarias.

Desde o goberno local destacan que esta intervención pretende converter Pontepedriña nun modelo de adaptación urbana fronte a fenómenos meteorolóxicos extremos, como os episodios de choivas intensas rexistrados nos últimos meses, ao tempo que se promove unha mellor calidade de vida no barrio.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here