InicioSOCIEDADEA Xunta apraza ata o xoves o desvío do tráfico para a...

A Xunta apraza ata o xoves o desvío do tráfico para a montaxe da pasarela da senda Milladoiro-Intermodal

Esta restrición da circulación resulta imprescindible para garantir a seguridade durante as manobras de elevación e instalación da estrutura no punto quilométrico 1,39 da nova senda

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Infraestruturas anunciou un cambio na planificación das obras da nova senda peonil e ciclista que conectará Milladoiro coa Intermodal de Santiago. A montaxe da pasarela, inicialmente prevista para estas datas, realizarase finalmente este xoves, 12 de marzo, o que obrigará a establecer un corte puntual de tráfico na ligazón que une a autovía AG-56 coa SC-20 e a AP-9 en sentido Santiago.

Esta restrición da circulación resulta imprescindible para garantir a seguridade durante as manobras de elevación e instalación da estrutura no punto quilométrico 1,39 da nova senda, zona que debe permanecer despexada e baixo medidas especiais de control. O Executivo autonómico fixou a nova previsión de afección ao tráfico unicamente para esta xornada do xoves, cun horario ininterrompido entre as 9,00 e as 20,00 horas. Os servizos técnicos de estradas solicitan aos usuarios que presten atención á sinalización provisional instalada na zona para facilitar a fluidez durante as horas de traballo.

ÚLTIMAS

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

Compostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a debate na Comisión de Facenda o día 17

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o goberno municipal convocará o vindeiro...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...