InicioSOCIEDADEA USC exclúe provisionalmente a Alba Nogueira da carreira pola reitoría

A USC exclúe provisionalmente a Alba Nogueira da carreira pola reitoría

A xurista denuncia un "formalismo" inxustificado e reclama a súa inclusión mentres a universidade apunta a méritos non acreditados no prazo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Comisión Electoral Central da USC publicou este xoves a proclamación provisional de Rosa María Crujeiras Casais, María Teresa Flores Arias e María José López Couso como candidatas á rectoría da USC, que dirixirá por primeira vez unha muller. Doutra banda, a candidatura de Alba Nogueira quedou excluída por incumprir os requisitos establecidos, aínda que ela denunciou que se trata dunha cuestión “formalista”.

Pola súa banda, a Comisión argumentou esta exclusión en base a “un incumprimento dos requisitos establecidos”, concretamente por non acreditar correctamente os méritos alegados para ser reitora da institución. En concreto, explicou na resolución provisional que “os documentos acreditativos dos méritos alegados debían estar incorporados no expediente persoal da candidata ou candidato antes da finalización do prazo de presentación de candidaturas”.

Con todo, Nogueira denunciou que “a exclusión provisional por unha cuestión formalista, cando se cumpren os requisitos, vulnera o dereito a non presentar documentos que xa obran en poder da universidade”. “Estou moi sorprendida da decisión. Sería moi grave excluír a unha candidata porque non presentou uns certificados que obran en poder da propia Universidade, como establece a Lei do procedemento común. Os dereitos que recoñecen as leis non son un adorno”, manifestou Nogueira a través dun comunicado.

Neste contexto, anunciou que vai presentar unha reclamación para a súa “inmediata inclusión” na lista definitiva, achegando a documentación acreditativa “que xa consta en poder da USC” e insistiu en que confía en que esta situación “se resolva con normalidade canto antes”. Con todo, o 16 de decembro finaliza o prazo de recurso contra esta proclamación provisional e o 19 de decembro farase pública a proclamación definitiva das candidatas. Finalmente, a primeira volta das eleccións deberá celebrarse en febreiro e, en caso de ser necesaria unha segunda votación, efectuarase o 11 de marzo, mentres que a proclamación definitiva da reitora será o 23 de marzo.

ÚLTIMAS

Cincuenta anos de Filoloxía: a aposta de Elias Feijó por unha facultade que proxecta cultura e identidade

No acto de peche das conmemoracións polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da...

A alcaldesa pide consenso para evitar a fragmentación da Facultade de Medicina

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá nos actos polo 50 aniversario...

O Concello de Ames celebra a FestAmes Diversa 2025 e reivindica a visibilidade da diversidade funcional

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza este sábado...

Sindo Guinarte: “A alcaldesa non está a tomar medidas efectivas ante a precariedade dos servizos de emerxencias”

O concelleiro socialista Sindo Guinarte alertou este xoves da situación que atravesan os servizos...

A alcaldesa pide consenso para evitar a fragmentación da Facultade de Medicina

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá nos actos polo 50 aniversario...

A Asociación Cultural Rocha Forte convoca unha charla sobre alternativas aos antibióticos na crianza de polos

A Asociación Cultural Rocha Forte celebra mañá venres 12 de decembro, ás 19:00, unha sesión...

A Xunta destina 754.000 euros á investigación lingüística e renova o apoio ao Imelga

O Consello da Xunta, presidido por Alfonso Rueda, aprobou diversos acordos en materia de...