InicioSANTIAGOA Facultade de Matemáticas da USC acollerá a primeira Olimpíada Galega Feminina

A Facultade de Matemáticas da USC acollerá a primeira Olimpíada Galega Feminina

O evento, impulsado polo proxecto 'Aurias' da Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas, celebrarase o 22 de novembro e servirá como clasificatorio para a Olimpiada Feminina Española

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Matemáticas da USC acollerá o vindeiro 22 de novembro a primeira Olimpíada Galega Feminina de Matemáticas, unha cita pioneira no país organizada pola Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas (MaEGA) a través do proxecto ‘Aurias’, creado co obxectivo de impulsar a participación das rapazas neste ámbito científico.

A competición, dirixida a alumnas de 3º da ESO a 2º de Bacharelato, nace co propósito de ofrecer un espazo amigable e motivador onde as participantes poidan gozar das matemáticas, compartir experiencias e coñecerse entre si. Ademais da proba principal, o programa incluirá obradoiros e actividades complementarias, guiadas por profesoras da propia Facultade, que achegarán referentes femininos e reflexións sobre o papel das mulleres na ciencia.

Desde o equipo organizador de Aurias sinalan que “vimos que había unha participación moi reducida de rapazas neste tipo de competición. Queremos que vexan que as matemáticas tamén son para elas, que poden desfrutar, competir e atopar unha comunidade que as apoie”.

Esta primeira edición servirá tamén como fase clasificatoria para a Olimpiada Feminina Española de Matemáticas, que se celebra a nivel estatal. As inscricións permanecen abertas ata o 21 de novembro, a través da páxina web da USC.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here