InicioSOCIEDADEA USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Publicado o

Xornal de Compostela

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico de Universidades do Mundo (ARWU), coñecido como o ranking de Shanghái. En canto ás galegas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense por baixo no chanzo 501-600 e Vigo entre o 801 e o 900 mientra que a UDC non aparece.

As universidades españolas recoñecidas entre as 1.000 mellores a nivel global volven ser 36 en 2025, mesmo número que na edición do ano pasado. O ranking, que se publica cada 15 de agosto, segue liderado pola Universidade de Harvard, seguida pola de Stanford e polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, o tres de Estados Unidos (EEUU).

En España, a máis valorada un ano máis é a Universidade de Barcelona, que figura entre as 200 mellores, tras aparecer en 2023 na franxa 201-300. Así mesmo, en 2025 aparece no ranking por primeira vez a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria na franxa de 901-1000. A Universidade de Valladolid, presente na franxa 901-1000 en 2024, saíu do ranking nesta edición.

Oito universidades empeoran o seu resultado (a de Murcia, a da Lagoa, a das Illas Baleares, a de Lleida, a de Málaga, Jaume I, a de Castela-A Mancha, a de Xirona). Pola contra, a Universidade de Oviedo, a Rovira i Virgili, a Politécnica de Cataluña, a de Cantabria, a de Xaén mellórano.

USC

En canto á USC, segundo informou o seu reitorado, está no intervalo 501-600. Ademais desta clasificación xeral, ARWU publica, tamén de maneira anual, un ranking de universidades por ámbitos temáticos, cuxa última edición veu a luz a finais de 2024.

Nesta clasificación, a USC ocupa o chanzo 51-75 en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) e o 76-100 en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (posto número 2 a nivel estatal). A terceira mellor posición nesta clasificación internacional de universidades segundo campos temáticos é para Odontoloxía e Ciencias Orais, ámbito que ocupa o intervalo 151-200 a nivel mundial e o posto 4-5 entre as universidades españolas.

ÚLTIMAS

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O Ateneo de Santiago reunirá a expertos en educación para analizar os resultados do informe PISA

O Ateneo de Santiago organizará o próximo luns 2 de novembro, ás 19:30, unha...

Traballadores de Renfe gardan cinco minutos de silencio na estación de Santiago polas vítimas do accidente de Toledo

A estación de ferrocarril de Santiago de Compostela acolleu este xoves, 29 de outubro,...