InicioPOLÍTICACompostela aproba a distinción de tres figuras, entre elas, Moncho Reboiras

Compostela aproba a distinción de tres figuras, entre elas, Moncho Reboiras

Esta proposta foi aprobada polo pleno coa abstención do Partido Popular, que cuestiona a súa vinculación con Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

A corporación municipal de Santiago de Compostela aprobou en pleno –coa abstención do Partido Popular– a proposta de concesión de títulos e distincións a tres figuras históricas, entre elas o Irmán Mariano; o último alcalde de Enfesta, Manuel Balado, e o sindicalista e vítima do franquismo recoñecida polo Estado, Xosé Ramón Reboiras (coñecido como Moncho Reboiras). A proposta saíu adiante a pesar da abstención e críticas do PP, centradas especialmente na figura de Reboiras, sobre o que cuestionou a súa vinculación coa cidade. Así, acusou ao Goberno local de facer un uso “partidista” destas condecoracións.

Segundo a exposición desta figura realizada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, aínda que Reboiras naceu en Dodro, si ten vinculación coa capital galega. Tívoa a través a súa colaboración coa asociación cultural O Galo, o movemento estudantil e a loita sindical antifranquista. Ademais, a rexedora subliñou o seu carácter como “última vítima mortal do franquismo” en Galicia. O PP afeou levar ao pleno municipal esta cuestión sen contar co apoio unánime da corporación. “Na Comisión de honras e distincións nada se votaba porque nada se sometía á consideración do voto maioritario se non había unanimidade”, expuxo o edil popular José Antonio Constenla.

“Todos aceptabamos esa regra de xogo porque entendiamos que o acordo plenario era unha cuestión de trámite porque se traballou antes”, continuou. Pola súa banda, a alcaldesa defendeu que, ante a petición da formación popular, a vinculación de Reboiras con Santiago quedou “máis que acreditada”. Así mesmo, considera “difícil de entender” a postura deste grupo da oposición, xa que ata en dúas ocasións anteriores esta iniciativa “non tivo absolutamente ningunha palabra en contra”.

A postura do Goberno local sobre Reboiras contou, ademais, co apoio socialista. O edil Gumersindo Guinarte defendeu a vinculación do sindicalista coa cidade: “Para os que eramos xa estudantes e tiñamos algunha conciencia política nos finais dos 70, Moncho Reboiras estaba moi presente nas rúas de Compostela”.

ÚLTIMAS

A UCO investiga a un empresario de Santiago

Un empresario está a ser investigado en Santiago de Compostela no marco dunha operación...

O reitor da USC asegura que a redución do número mínimo de alumnos para grao e máster “está sobre a mesa”

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) continúa en conversacións coa Xunta para abordar a continuidade do Máster...

Yossou N’Dour, primeira confirmación para os concertos do Apóstolo de 2025

O músico Yossou N'Dour actuará o 22 de xullo na Praza da Quintana, en...

Recibidas 7 alegacións á taxa turística, que volverá a pleno en xullo para a súa aprobación final

O Concello de Santiago recibiu un total de sete alegacións á ordenanza da taxa turística, que agora...

O Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas derivados do gasto do bus urbano

Os servizos técnicos do Concello de Santiago xa avalían todas as opcións posibles para...

O PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao BNG que condene os feitos

O Partido Popular de Santiago de Compostela denunciou hoxe publicamente os actos de vandalismo...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...