InicioSANTIAGOUn total de 1.400 alumnos correrán pola defensa do galego este xoves...

Un total de 1.400 alumnos correrán pola defensa do galego este xoves en Santiago

A alcaldesa alentou a todos os habitantes da cidade a sumarse a animar aos corredores porque o evento é unha festa de celebración do "privilexio que é contar cunha lingua propia".

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 1.400 alumnos de educación infantil, primaria e secundaria de 17 centros educativos da comarca, correrán este xoves, día 8, pola defensa da lingua galega en Santiago de Compostela.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou o ‘Correlingua 2025’, que partirá da Alameda este xoves ás 11.00 horas, con dous percorridos adaptados, un para os máis pequenos e outro para os estudantes de secundaria.

Tal e como salientou, a xornada é un evento magnífico por unir “a defensa da lingua cun elemento que mellora a saúde e o benestar”. Nesta liña, subliñou as boas porcentaxes de uso do galego en Santiago e a participación de ata 11 centros da cidade na xornada deportiva.

A mandataria local destacou que esta presentación se produce no marco dun día “histórico”, xa que o 6 de maio de 1931 o Seminario de Estudos Galegos presentaba o seu anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galiza.

Ademais, no contexto da Feira do Libro que se celebra actualmente na cidade, Sanmartín valorou a achega das librarías da cidade, que proporcionaron libros para os premios dos distintos concursos que se celebrarán ao terminar a carreira.

Con todo, a alcaldesa alentou a todos os habitantes da cidade a sumarse a animar aos corredores porque o evento é unha festa de celebración do “privilexio que é contar cunha lingua propia”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...