InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOEcoloxistas e veciños de Conxo piden a paralización das obras do Eixo...

Ecoloxistas e veciños de Conxo piden a paralización das obras do Eixo por danar o Banquete de Conxo

Publicado o

Xornal de Compostela

Veciños do barrio de Conxo e activistas de Ecoloxistas en Acción concentráronse este martes na contorna das obras do ‘Eixo de mobilidade sustentable’ entre Milladoiro e Santiago, ao seu paso polo Banquete de Conxo, para pedir a súa paralización. Tal e como relatan nun comunicado, xa a semana pasada operarios e escavadoras empezaron a traballar na zona do bosque de ribeira, a beiras do río Sar, no Banquete de Conxo. Esa é unha das zonas polas que está previsto que pase o denominado ‘Eixo de mobilidade sustentable’, entre Milladoiro e Santiago de Compostela impulsado pola Xunta de Galicia.

A finais do ano pasado, Ecoloxistas en Acción denunciou á Xunta pola talla de árbores, movementos de terra e a apertura, “non autorizada”, dun viario dentro da área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo para levar a cabo o eixo. Esta denuncia motivou que tanto o Xulgado nº2 de Santiago de Compostela como a Fiscalía Anticorrupción Europea abrisen dilixencias penais pola actuación da Xunta. Lamentan que, a pesar deste proceso xudicial, a Consellería de Infraestruturas ordenase continuar coas obras.

“DANO IRREPARABLE” PARA O BANQUETE DE CONXO

“Con esta acción, Ecoloxistas en Acción e a Asociación veciñal Conxo Aberto queren alertar do dano irreparable que está a sufrir o bosque do Banquete de Conxo para que os instrutores do proceso penal decreten a paralización cautelar das obras, tal e como solicitaron nas denuncias, para evitar así máis danos irreparabales ao ecosistema”, argumentan. A este respecto, lembran que a actuación “invade” a área delimitada na que leva a cabo o proxecto ‘Eco-Bosque Río Sar’, impulsado polo Concello de Santiago co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD).

Este proxecto está financiado tamén dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea e promove a recuperación ambiental do ecosistema fluvial da zona. Por isto mesmo, apuntan que trasladaron no seu momento, tanto á xustiza española como á fiscalía europea, que o departamento autonómico “incumpría os principios de boa xestión financeira que deben rexer o destino dos fondos europeos, ao sepultar coa súa actuación un proxecto posto en marcha con anterioridade”.

A XUNTA DEFENDE AS OBRAS DO EIXO

Pola súa banda, a Xunta de Galicia defendeu as obras que levan a cabo para a construción do Eixo de mobilidade sustentable entre Milladoiro e Santiago, asegurando que a zona de traballo “non está situada” no Banquete de Conxo. Fontes da Consellería de Infraestruturas explicaron que se trata do tramo entre Rúa Suarribas e o paso baixo a SC-11 e o ferrocarril, “o único posible para atravesar as citadas infraestruturas do modo máis segregado posible do tráfico rodado”.

“Deste tramo non se propuña variar o trazado na información pública, e mesmo o Concello de Santiago na súa proposta alternativa, para ese treito, coincidía co trazado da senda”, remarcan. De feito, tachan de “incoherente” a actitude de Ecoloxistas en Acción ao obstaculizar ese tramo que conduce cara a “o único paso posible” cando no seu discurso “defenden a mobilidade ciclista pero despois oponse cando a propón a Xunta”.

Aclaran tamén que a obra “non está paralizada por ningunha instancia”, aínda que si recoñecen que “na zona máis próxima ao Banquete non se está traballando porque se tenta lograr unha solución de consenso”. Por último, explican que da Fiscalía europea non houbo máis noticias que un requirimento de documentación hai meses e que só houbo dúas alegacións: a de Conxo Aberto, en contra; e unha de Composcleta, “apostando pola senda e propondo pequenas melloras”.

ÚLTIMAS

As Tanxugueiras enchen a Quintana no día grande das Festas da Ascensión

Tanxugueiras protagonizaron este xoves 29 de maio o momento máis esperado do día grande...

Atmósfera Centro Deportivo colabora con ACEM para visibilizar as enfermidades neurodexenerativas en Santiago

A tenda Atmósfera Centro Deportivo será a protagonista no mes de xuño da campaña...

O Concello facilitará a celebración de cacharelas e sardiñadas de San Xoán coa entrega de area e trámites simplificados

O Concello de Santiago establecerá este ano novas condicións para a celebración das tradicionais...

O PSdeG propón para o pleno do 3 de xuño unha moción contra a LGTBIfobia

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela levará ao Pleno do vindeiro 3...

Atmósfera Centro Deportivo colabora con ACEM para visibilizar as enfermidades neurodexenerativas en Santiago

A tenda Atmósfera Centro Deportivo será a protagonista no mes de xuño da campaña...

As festas da Ascensión reúnen a dirixentes dos principais partidos políticos

O día grande das festas da Ascensión de Santiago de Compostela, festivo na capital...

O concerto Santiago 40 Pop abre as festas da Ascensión cunha Quintana chea de mocidade

As festas da Ascensión arrincaron este mércores en Compostela cunha forte aposta pola música...