InicioSUCESOSDeteñen ao presunto autor dun roubo nunha xoiaría en Santiago

Deteñen ao presunto autor dun roubo nunha xoiaría en Santiago

O autor do roubo, detallou a Policía Nacional, mostrou agresividade e gran resistencia na súa detención e ocasionou danos ao vehículo policia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo a un home como presunto autor dun roubo nunha xoiaría do centro de Santiago á que accedeu tras romper o cristal dunha xanela.

Segundo informou o corpo policial nun comunicado, os feitos producíronse na madrugada deste martes cando os efectivos se desprazaron ata o establecemento tras soar a alarma.

Os axentes comprobaron que estaba todo revolto e había restos de xoias e efectos no chan da vía pública. Así, coa colaboración doutras dotacións policiais, localizaron nas rúas próximas ao autor, mentres manipulaba unha caixa rexistradora.

Desta forma, procederon a detelo como presunto autor dun delito de roubo con forza. Os axentes conseguiron recuperar todas as xoias –máis de 100 pezas– e o diñeiro subtraído.

O autor do roubo, detallou a Policía Nacional, mostrou agresividade e gran resistencia na súa detención e ocasionou danos ao vehículo policial. Por iso, tamén lle imputaron delitos de resistencia e desobediencia a autoridade, así como danos.

ÚLTIMAS

Santiago conta con 406 vivendas turísticas pero só 66 teñen licenza municipal

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, liderado por Pablo Bustinduy, entregará á...

O ERE de Televés provocará 34 despedimentos e dúas recolocacións tras aceptar os traballadores en asemblea o acordo

O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) da compañía compostelá Televés provocará 34 despedimentos (29 forzosos...

Sanmartín anuncia un pleno extraordinario para tratar o paso dos concelleiros expulsados do PSdeG ao grupo dos non adscritos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou a celebración dun pleno extraordinario...

25 de abril, sempre: un ano facendo Xornal de Compostela

Hai exactamente doce meses escollemos esta data, símbolo de liberdade e dignidade, para darlle...

Un incendio provocado por unha tixola deixa unha persoa ferida na rúa de Santiago de Chile

Na pasada noite do xoves, un incendio na rúa de Santiago de Chile deixou como...

Detidos en Santiago por difundir imaxes íntimas de mulleres

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias...

Investigan por delito contra a saúde pública ao dono dun almacén clandestino de carne situado na zona de Santiago

A Garda Civil e a Consellería de Sanidade localizaron e precintaron un almacén clandestino de...