InicioPOLÍTICA25 de abril, sempre: un ano facendo Xornal de Compostela

25 de abril, sempre: un ano facendo Xornal de Compostela

Nacemos un 25 de abril porque informar con dignidade tamén é unha forma de loita: a que se escribe cada día

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Hai exactamente doce meses escollemos esta data, símbolo de liberdade e dignidade, para darlle vida ao noso xornal. Non foi casualidade: o 25 de abril representa a esperanza, a resistencia e a vontade de cambiar as cousas dende abaixo. Co mesmo espírito, puxémonos a contar o que acontece en Santiago e arredores, coa intención clara de contribuír a unha sociedade mellor informada, máis crítica e máis consciente.

Dende Santiago de Compostela, apostamos por un xornalismo local que fale claro, que poña o foco no que acontece aquí, pero sen deixar de mirar o que acontece no mundo; porque entendemos a nosa profesión como un servizo público, como unha ferramenta que pode contribuír a defender a nosa terra, a nosa lingua e a dignidade das persoas que a habitan.

Neste tempo de inestabilidade económica, de discursos confusos e de valores que se desfiguran, nós seguimos apostando por facer xornalismo honesto, próximo. Facémolo dende a independencia máis absoluta: sen grandes medios nin estruturas, apoiándonos na vontade compartida de construír un xornalismo que poida marcar a diferenza. Sabemos que vivimos tempos difíciles, marcados pola incerteza económica, o ruído informativo e a perda de referentes comúns; por iso cremos que é máis necesario ca nunca manterse firme, cultivar a honestidade e escoitar con atención. Sabemos que a liberdade non é un punto de partida, senón un camiño que se constrúe todos os días, tamén dende o xornalismo.

Un ano despois, seguimos aquí. Con máis preguntas que respostas, pero co convencemento de que vale a pena seguir contándoo. Grazas a todas as persoas que nos ledes, compartides e nos animades a continuar.

Este aniversario non é unha meta, é só o inicio.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here