InicioSANTIAGOLorena Conde será a nova directora da SELIC que se celebrará no...

Lorena Conde será a nova directora da SELIC que se celebrará no outono

O Consistorio destacou que os representantes do sector editorial e libreiro que participaron na Selic o pasado ano, cos que a concelleira Míriam Louzao se reuniu este mércores, acolleron favorablemente as modificacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A Semana do Libro de Compostela (Selic) celebrarase no outono coa directora de teatro, actriz, artista plástica, narradora e poeta Lorena Conde como nova directora en substitución do xornalista e escritor Camilo Franco.

Diso informou o Concello de Santiago, que asegura que o obxectivo destes cambios é achegarse ao público escolar e aos veciños de Compostela e reforzar a actividade das librarías locais.

O Consistorio destacou que os representantes do sector editorial e libreiro que participaron na Selic o pasado ano, cos que a concelleira Míriam Louzao se reuniu este mércores, acolleron favorablemente as modificacións.

Louzao explicou que, tras a boa acollida entre o sector editorial e libreiro involucrado na Selic, o Concello levará a cabo unha serie de cambios no festival de lectura coa intención de achegar “novas perspectivas” a este evento cultural xa consolidado na cidade, na que será a súa novena edición.

Segundo anunciou a concelleira, este punto de inflexión arrinca co nomeamento dunha nova directora artística, Lorena Conde, cuxa incorporación ten como obxectivo “abrir unha reflexión sobre a marcha do propio evento e propor novos retos”.

Outro dos obxectivos será a creación “no curto-medio prazo” de “sinerxías estables e duradeiras no tempo co calendario escolar, de forma que a Selic intégrese na a vida da cidade e do público máis novo“, unha circunstancia que consideran “imprescindible” para apontoar a función de lectura e a literatura na sociedade.

O terceiro dos retos, segundo indicou, é reforzar a actividade das librarías de barrio e de proximidade, como axentes “indispensables” para a identidade da cidade.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....