HomeSANTIAGOComo será o novo autobús urbano de Compostela? Novas conexións co rural,...

Como será o novo autobús urbano de Compostela? Novas conexións co rural, liñas nocturnas e novos prezos

A cidade prepara unha actualización para 2025, mentres xestiona as críticas polos atrasos e o estado da frota actual de autobuses

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Santiago prepárase para unha renovación substancial no seu servizo de autobús urbano, cunha serie de cambios e melloras significativas que se agardan para o ano 2025. Esta actualización do sistema de transporte público inclúe a introdución dunha nova frota de autobuses, con especial atención ao casco histórico da cidade e á mellora dos servizos actuais para os estudantes e outros usuarios frecuentes.

A nova rede de autobuses urbanos pretende así caracterizarse por unha maior cobertura xeográfica e unha organización máis eficiente das rutas. Inclúese a creación dunha nova liña circular, a C3, que dará servizo arredor do casco histórico, conectando puntos clave como Belvís, a Almáciga, Xoán XXIII, Galeras e Virxe da Cerca.

O Concello prevé tamén aumentar a conexión co rural, con catro liñas novas máis: unha denominada Transantiago, que conectará o límite sur do termo municipal en Milladoiro co límite norte en Sigüeiro, unha liña que se prevé que teña unha frecuencia de media hora. As outras tres liñas pretenden establecer conexións entre os núcleos rurais e as liñas da rede principal. Dende o Concello aseguran que se precisará así “menos persoas para atender estas liñas que se fosen liñas completas dende as parroquias ata o centro urbano”.

Este plan prevé crear tamén dúas liñas de horario nocturno. Sumánse así dúas liñas circulares máis á rede de autobús urbano. Estas liñas unirán Fontiñas, os hospitais, o Campus Sur, Vite e o Campus Norte, con parada na Praza de Galicia, horarios entre as 23:00 e as 5:00 de mércores a sábado e unha frecuencia de 60 minutos, de maneira que habería autobueses cada media hora debido á existencia de dúas liñas. Segundo informou o Concello, o prezo desta liña nocturna sería o mesmo que o das liñas diurnas.

Ademais, o novo contrato incluirá 67 autobuses, 18 máis que a flota actual, con tamaños que oscilarán entre os 10 e 15 metros para a maioría dos vehículos, agás os destinados especificamente á liña circular do casco antigo, que non superarán os 10 metros. Destaca así a introdución de 18 autobuses eléctricos, garantindo unha operatividade de 260 quilómetros diarios e unha duración de 18 horas por xornada, xunto con outros autobuses alimentados por gas natural comprimido ou combustibles alternativos de cero emisións.

Por outra banda, o prezo do billete ordinario do autobús podería experimentar unha suba con este novo contrato de transporte, situándose en 1,58 euros, o que supón unha subida de máis do 50% respecto ao prezo actual de 1 euro. Esta cifra, extraída do contrato de concesión de servizo de transporte público urbano do termo municipal de Santiago, é considerada unha estimación inicial que podería variar en función das decisións da empresa adxudicataria e as posibles compensacións ou subvencións por parte da Administración Pública.

Dende o Concello sinalan que, aínda que esta tarifa base é só unha estimación, reflicte a necesidade de actualizar os prezos, que “permaneceron conxelados dende 2011“. Malia isto, manteranse as bonificacións para distintos colectivos, como pensionistas ou persoas con carencia de recursos, garantindo o acceso ao transporte a todos os usuarios. Este axuste nos prezos busca equilibrar o custo do servizo coa calidade e eficiencia que se pretenden alcanzar coa renovación da flota e a mellora do servizo.

O estudo elaborado polo consistorio municipal prevé tamén un prezo especial para o autobús ao aeroporto, que neste caso non estaría bonificado: 6 euros para o billete de ida e 10 euros para o de ida e volta. Actualmente, esta ruta, cuberta pola liña 6A, ten o mesmo prezo que a de calquera outra liña.

Por outra parte, prevese que os pensionistas poidan seguir gozando da súa tarifa actual: gratuidade nos 100 primeiros viaxes do ano e un prezo de 50 céntimos para os seguintes.

CRÍTICAS AO RETRASO DO PROXECTO

O portavoz popular Borja Verea, criticou o retraso na implementación do novo servizo de autobús urbano, argumentando que chega “con nove anos de atraso”. Verea sinalou as deficiencias nas administracións anteriores, tanto de Compostela Aberta como do PSOE, por non avanzar neste proxecto.

Porén, indicou que agarda que o novo servizo cumpra coas expectativas e necesidades dos cidadáns, a pesar de recoñecer que aínda falta información detallada sobre a proposta final, especialmente no que respecta ao servizo para as áreas rurais e o tipo de autobuses que se utilizarán.

Parada de autobús da Praza de Galicia – Xornal de Compostela

INCIDENCIAS COA FROTA DE AUTOBUSES

Nos últimos meses, a frota de autobuses urbanos de Santiago experimentou numerosos incidentes, incluíndo avarías e casos de autobuses que arderon mentres circulaban, reflectindo un estado deficiente dos vehículos actuais.

Un dos incidentes máis recentes ocorreu cando un autobús, sen pasaxeiros e de camiño ás cocheiras para unha inspección debido a unha avaría previa, se incendiou preto da rotonda que conecta a rúa Amio co polígono empresarial de Costa Vella. A pesar destas incidencias, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, asegurou que a frota non supón un perigo para os cidadáns, mencionando que o 50% da flota xa foi renovada e que se está traballando para acelerar a licitación do novo servizo de transporte público.

Porén, o edil do Partido Popular advertía a finais do pasado ano de que os autobuses de Santiago sufriron nos seis primeiros meses de 2023 un total de 232 avarías, segundo o informe de Tussa, o que equivale a “unha media de 1,5 avarías diarias”.

ÚLTIMAS

As vítimas do tren Alvia lembran o accidente 11 anos despois: “É demasiado tarde para pedirnos perdón”

Hoxe Xornal de Compostela fala con Jesús Dominguez, presidente da Asociación Plataforma Víctimas Alvia 04155,...

O acto de entrega das Medallas de Galicia destacan o sector audiovisual como “cada vez máis estratéxico”

O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual...

FOTOS: O Concello de Ames celebra o Día de Galicia e homenaxea ao deportista Borja Golán

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte o acto institucional do Día de...

Nova protesta das vítimas de Angrois polas rúas de Santiago 11 anos despois do accidente

Decenas de vítimas e familiares do accidente do tren Alvia en Santiago --do cal...

Nova protesta das vítimas de Angrois polas rúas de Santiago 11 anos despois do accidente

Decenas de vítimas e familiares do accidente do tren Alvia en Santiago --do cal...

Traballadores de limpeza e recollida de residuos protestan polos “reiterados incumprimentos” de Urbaser

Decenas de traballadores da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza e recollida de...

O acto de entrega das Medallas de Galicia homenaxea as vítimas do Argos Xeorxia

Este mércores, a entrega das Medallas de Galicia, celebrada na Cidade da Cultura, estivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here