InicioSANTIAGOPlan piloto do Concello de Santiago que "imita á figura do sereno"...

Plan piloto do Concello de Santiago que “imita á figura do sereno” para a recepción de mercadorías na zona histórica

O proxecto busca cumprir co establecido na ordenanza municipal de circulación que fixa de 07.00 a 10.00 horas o horario de carga e descarga de mercadorías na zona histórica.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago impulsa un proxecto piloto que “imita á antiga figura do sereno” para facilitar a recepción de mercadorías na zona histórica.

Así o presentou este xoves en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, xunto a representantes da Asociación Hostalaría.gal, Hostalaría Compostela e da Asociación de Distribuidores de Galicia.

O proxecto busca cumprir co establecido na ordenanza municipal de circulación que fixa de 07.00 a 10.00 horas o horario de carga e descarga de mercadorías na zona histórica.

Con todo, engadiu o concelleiro, a realidade é que moitos establecementos de hostalaría abren os seus postos con posterioridade polo que dificulta a repartición e obriga a que algúns hostaleiros conten cunha persoa para recibir as mercadorías.

Desta forma, o novo proxecto piloto establecerá, imitando á “antiga figura do sereno”, a unha persoa que será a encargada de abrir as portas os establecementos participantes para revisar e recibir as mercadorías das empresas de distribución asociadas.

O proxecto piloto, no que participan 12 establecementos da zona histórica, terá unha duración de tres meses e será o Concello o que sufrague, nese tempo, os custos da iniciativa. Tras ese período avaliarán o funcionamento destes traballadores co obxectivo de que se somen máis establecementos.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Expertos reunidos en Santiago alertan do aumento dos desprazamentos polo cambio climático

Expertos de distintos ámbitos analizaron este martes en Santiago como o cambio climático está...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...