InicioSANTIAGOCondenado a dous anos de cadea un fisioterapeuta por abuso sexual en...

Condenado a dous anos de cadea un fisioterapeuta por abuso sexual en Santiago

O procesado retirou a man cando a paciente lle recriminou a súa actitude e pediulle que parase

Publicado o

Xornal de Compostela

A Audiencia da Coruña condenou a dous anos de cárcere a un fisioterapeuta por abusar sexualmente dunha paciente nunha clínica de Santiago, onde someteu á vítima a tocamentos sen consentimento e sen ningunha finalidade terapéutica.

A sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na capital galega, dá por bo o testemuño da vítima, que sufriu consecuencias psicolóxicas polos feitos ocorridos en outubro de 2020 e que deberá ser indemnizada con 10.000 euros.

Nun fallo contra o que cabe recurso de apelación, o tribunal considera probado que o condenado abusou sexualmente da paciente na clínica á que esta acudira para ser tratada por unhas dores de costas.

Así, conclúe que “sen consentimento da paciente e sen finalidade terapéutica”, o fisioterapeuta introduciu o seu outra man “dentro da braga da muller e tocoulle na zona púbica e na vulva, rozando cos dedos os beizos vaginales”.

O procesado retirou a man cando a paciente lle recriminou a súa actitude e pediulle que parase. Nese momento, o home pediu desculpas por porse “ un pouco tontorrón” e engadiu que a agredida tiña “un cuerpazo”.

Como consecuencia destes feitos, a vítima sufriu problemas para conciliar o soño, pesadelos, pensamentos intrusivos e recorrentes, inseguridade persoal, desconfianza cara a terceiros e sentimento vulnerabilidade.

A día de hoxe aínda sofre estes síntomas “aínda que a súa intensidade atenuouse co paso do tempo”, segundo recolle o fallo xudicial no que, ademais da pena de cárcere, a indemnización e un período de liberdade vigilidad de tres anos, tamén se impón unha orde de afastamento do agresor á vítima polo próximos cinco anos.

Os maxistrados inciden na sentenza que o testemuño da agredida reúne os requisitos para destruír a presunción de inocencia do acusado, pois carece de “motivos espurios” que a motiven e existe unha “rotunda persistencia na incriminación” dado que mantivo a mesma descrición do ocorrido durante todas as súas declaracións.

Os xuíces tamén recalcan que a declaración “conta coas corroboracións periféricas que é posible atopar en casos desta natureza, cando non hai vestixios físicos”, así como a importancia do informe e a declaración das psicólogas que examinaron o dano padecido pola denunciante.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here