InicioSANTIAGOA USC insta a implementar programas de prevención contra as agresións grupais

A USC insta a implementar programas de prevención contra as agresións grupais

Un estudo da Unidade de Psicoloxía Forense analiza os riscos e propón medidas de prevención e intervención no ámbito universitario

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unidade de Psicoloxía Forense da USC presentou un estudo no que se subliña a necesidade de establecer programas de prevención para combater as agresións grupais. Na xornada de traballo celebrada no Centro de Estudos Avanzados da USC, uns 70 profesionais e investigadores analizaron a percepción sobre a violencia sexual e o consentimento, enfocándose na prevención no ámbito universitario.

O proxecto, coordinado polas profesoras Dores Seijo, Mercedes Novo e María Villarquide, céntrase na análise de medidas de prevención, protección e intervención en diversos ámbitos como o xurídico, social, sanitario e educativo. Como obxectivo, busca identificar boas prácticas e propostas de mellora na atención ás mulleres vítimas de violencia sexual, incluíndo a formación de profesionais e a regulación de contidos en medios dixitais.

Do traballo empírico realizado, que inclúe a análise de sentenzas xudiciais, despréndese que os agresores teñen unha idade media de 25 anos e, na maioría dos casos, carecen de antecedentes penais previos. A investigación apunta que as agresións ocorren habitualmente en contextos de lecer nocturno e que as vítimas xeralmente non coñecen aos seus agresores, o que reafirma a necesidade dun enfoque preventivo dende idades temperás.

Entre as recomendacións, o estudo propón programas de sensibilización sobre a violencia sexual para nenos, nenas e adolescentes, así como para as súas familias e para profesionais implicados. Suxire tamén un maior control no acceso de menores a contidos pornográficos. Ademais, suxire un enfoque de xustiza terapéutica para mellorar o asesoramento e os recursos dispoñibles para as vítimas, ao tempo que destaca a importancia de adaptar os programas de intervención para agresores segundo as súas características.

Este estudo forma parte dos esforzos da USC por contribuír ao coñecemento e á prevención da violencia sexual, promovendo accións que, segundo os seus responsables, melloren a protección e o benestar das vítimas, así como a intervención preventiva.

ÚLTIMAS

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

O pleno rexeita a proposta do PP para retirar todos os radares de Conxo

O pleno do Concello de Santiago rexeitou este xoves a proposición presentada polo Partido...

O pleno aproba a execución dun programa urxente para reparar a rede viaria e reclama axilizar pagos nos CSC

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a execución dun programa urxente...

Denuncian o “colapso” nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago “que afecta as vítimas de violencia de xénero”

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso da praza número 3 da sección de...

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación...

A alcaldesa de Santiago anuncia unha plataforma elevada no cruzamento do Hórreo con Gómez Ulla para priorizar ao peón

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este mércores nunha visita ás obras do...