InicioPOLÍTICAA Alcaldesa critica que Santiago "non é tratada como merece" nos orzamentos...

A Alcaldesa critica que Santiago “non é tratada como merece” nos orzamentos e ve “imprecisa” a taxa turística

O PP local cifra en máis de 570 millóns o que recibirá a cidade e o PSOE advirte que non ve ningunha partida para o aparcadoiro do Clínico

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, denuncia que a capital galega “non é tratada como merece” nos orzamentos da Xunta para 2025, que tacha de “reducidos e insuficientes” para responder as necesidades e a cidade. Os 2,6 millóns de euros que se consignan como transferencia pola capitalidade no proxecto de contas públicas autonómicas están, segundo incide a través dun comunicado de prensa, “moi por baixo” do que os estudos encargados polo Consistorio estiman (ao redor dos 8 millóns de euros).

Sobre outras cuestións como o parque de bombeiros comarcal e o saneamento do rural, Sanmartín asegura que as partidas que aparecen son “moi inferiores” aos 3,5 millóns de euros que asegura que comprometeu a Xunta. Ademais, avanza que estudará “como se concretan” as partidas para as competencias impropias que asumen os municipios, como o servizo de axuda do fogar e os comedores escolares.

TAXA TURÍSTICA

En canto á taxa turística, a rexedora entende que a proposta que leva a Xunta ao Parlamento a través da lei de medidas fiscais e administrativas é “imprecisa e vaga”. Pide “que se cumpra o que se acordou” e que “os diferentes concellos poidan decidir libremente recárgaa municipal que queiran establecer”.

Tamén reclama que se inclúan “facilidades” e que se establezan “as colaboracións necesarias” para que ese proceso de xestión e recadación sexa “o máis levadío posible” se finalmente recae nos consistorios e non na Axencia Tributaria de Galicia, como pedía o seu goberno.

PP, PSOE E COMPOSTELA ABERTA

Pola súa banda, o líder do PP de Santiago, Borja Verea, destaca o investimento da Xunta no parque de bombeiros, con 1,2 millóns de euros e os 2 millóns que asegura que contempla o proxecto para o centro galego de artes dixitais.

Desde o PSOE local, Gonzalo Muíños critica os orzamentos porque ve “máis do mesmo” e xa que ao seu xuízo mostran “unha absoluta desconexión do PP coas preocupacións reais dos veciños”.

Por último pronunciouse Compostela Aberta, para a que os orzamentos da Xunta son “decepcionantes” para Santiago e “non serven para resolver os problemas dos veciños”, en palabras de María Rozas.

ÚLTIMAS

Comeza O Son do Camiño marcado pola polémica vinculación cos fondos de investimento proisraelí de KKR

Hoxe, 13 de xuño, arrinca en Santiago de Compostela unha nova edición do Son...

Rematan as obras no cruzamento entre Xeneral Pardiñas e República do Salvador, reabrindo o paso peonil

As obras de mellora no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago...

A USC está entre as oito universidades “punta de lanza” do Sistema Universitario Español

O O-Ranking elaborado pola Fundación BBVA e o IVIE sitúa á Universidade de Santiago...

O BNG acusa o PP de usar O Son do Camiño para desprestixar as festas tradicionais de Santiago

A portavoz municipal do BNG en Santiago, Míriam Louzao, cargou este mércores contra o...

Borja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a parcela de Peleteiro

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, expresou a súa satisfacción polo...

O delegado do Goberno di que non é a súa “preocupación inmediata” a súa candidatura á Alcaldía de Santiago

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu que os socialistas de Santiago de...