InicioPOLÍTICABorja Verea critica a baixa execución do plan de contratación en Santiago...

Borja Verea critica a baixa execución do plan de contratación en Santiago en 2024

O líder do Partido Popular sinala que a cidade só leva executados dous millóns en obra pública, quedando por detrás de 17 concellos galegos

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou o escaso avance no Plan de contratación aprobado polo goberno local para o ano 2024, asegurando que a cidade se atopa nunha situación de baixo investimento en obra pública. Segundo Verea, Santiago de Compostela executou só 2 millóns de euros ata o de agora, unha cifra superada por 17 concellos galegos, como Santa Comba ou Curtis.

Para Verea, esta situación é un “exemplo do bloqueo na xestión do BNG, que non consegue converter os seus anuncios en feitos”. O líder popular tamén expresou preocupación polo Período Medio de Pago (PMP) do Concello a provedores, que en maio alcanzou os 109,78 días, situando a Santiago só por detrás de Ourense en canto a atrasos nos pagos.

Entre as obras que se están a realizar, Verea destacou o caso da Rúa do Pombal, onde afirmou que os veciños se atopan en “pé de guerra” pola falta de diálogo do goberno municipal. Ademais, sinalou que a cidade perdeu financiación europea en proxectos como a rehabilitación do Pavillón de Vite e o Complexo deportivo de Santa Isabel, sendo os veciños quen terán que asumir o custo da obra en Vite, mentres que a actuación en Santa Isabel non se levará a cabo este ano.

O popular tamén subliñou que quedan por licitar varias obras do proxecto “Entre Sar e Sarela”, financiado con fondos NextGeneration, e que inclúen actuacións como a reurbanización das rúas Mallou e Puente la Reina, así como melloras en accesibilidade e na pavimentación de vías urbanas.

En relación aos contratos de servizos, Verea cualificou a situación como “sangrante”, destacando o atraso na renovación do contrato do transporte colectivo urbano, que afecta diariamente á veciñanza. Ademais, sinalou que contratos importantes como o da xestión de centros socioculturais, a limpeza e conserxería en instalacións deportivas, e o mantemento de parques infantís tamén están pendentes de resolución.

Finalmente, Borja Verea conclúe que “a estas alturas do ano, é evidente que o BNG non é capaz de cumprir co seu propio plan de contratación, o que derivará nun baixo nivel de execución orzamentaria para este exercicio económico”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here