InicioPOLÍTICAA edil popular María Baleato celebra a colaboración entre administracións para o...

A edil popular María Baleato celebra a colaboración entre administracións para o novo aparcadoiro do Hospital Clínico

O PP destaca a importancia de mellorar a vida da cidadanía mediante a cooperación política

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A concelleira do PP local, María Baleato, expresou a súa satisfacción pola sinatura do protocolo de colaboración entre administracións para a construción dun novo aparcadoiro en altura no Hospital Clínico de Santiago. Baleato destacou que esta iniciativa beneficiará a todos os cidadáns de Santiago, resaltando a importancia da cooperación entre diferentes niveis de goberno.

“Unha boa nova sen ningún tipo de matices, cando dúas administracións colaboran, o que hai que facer é aplaudir, porque os beneficiarios somos precisamente todos os cidadáns de Santiago. Disto vai a política, de mellorar a vida da xente, de facilitarlle a vida á xente,” afirmou Baleato.

A edil da oposición amosouse contenta de que a idea do aparcadoiro en altura, unha das principais propostas do programa electoral de Borja Verea, se fixese realidade. “Como todo o mundo sabe, este aparcadoiro en altura foi unha das ideas principais do programa electoral de Borja Verea, unha infraestrutura que nunca estivera sobre a mesa, que ninguén plantexara e que sufriu moitísimas críticas e ataques polo BNG que hoxe asume,” engadiu.

Baleato tamén subliñou que, aínda que non conseguiron chegar ao goberno, o proxecto estaba dispoñible para ser asumido polas administracións competentes. “Unha vez rematada a campaña electoral e ao non poder chegarmos ao goberno, dixemos que ese proxecto estaba aí a disposición de todas as administracións. Moi contentos de que se asumise a idea de Borja Verea e se traballase e perfeccionase por parte das administracións que teñen as competencias para levalo a cabo.”

“Contentos en definitiva con ese acordo, aplaudimos tanto ao goberno local como á administración autonómica, e moi satisfeitos de que o traballo de oposición teña tamén os seus froitos, que non é o habitual”, concluíu a concelleira.

ÚLTIMAS

Acuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta ao río Sar

A presenza dunha espesa escuma branca nas augas do río Sar, ao seu paso...

O Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

O Concello de Boqueixón deu comezo ás obras para a construción de dúas novas...

O Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de bombeiros e policías

O Concello de Santiago convocou este venres unha reunión de traballo cos sindicatos CC.OO,...

UCIN acusa ao Goberno local de “deixamento” ante o caos circulatorio en Milladoiro

A formación UCIN Ames, a través do seu coordinador José Luis Calo, criticou este...

O Goberno local licita a conexión de Lavacolla á rede de auga e ratifica o convenio do vidro

A Xunta de Goberno Local deste 3 de novembro aprobou varios acordos cun impacto...

A Xunta insiste nas “carencias do informe” para denegar a zona tensionada de vivenda en Compostela

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, xustificou...

O PSOE celebra que Santiago contará cun sistema municipal para garantir a accesibilidade en todas as obras públicas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago puxo en valor a aprobación plenaria da súa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here