InicioPOLÍTICAO alcalde de Ames destaca a "valentía e responsabilidade" dos edís composteláns

O alcalde de Ames destaca a “valentía e responsabilidade” dos edís composteláns

O rexedor subliña que a "política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade" e "non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, puxo en valor a “valentía” e “a responsabilidade” que, ao seu xuízo, mostraron os seis edís do PSOE compostelán e defendeu o diálogo fronte ao “ordeno e mando”.

“Esta tarde os compañeiros e compañeiras do Grupo Municipal de Santiago mostraron a súa valentía, pero sobre todo a súa responsabilidade e o sentido común votando a favor dunha política de vivenda que xa defenderan cando foron goberno”, sostivo nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social ‘X’. O rexedor subliña que a “política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade” e “non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos”.

Que difícil é entender que na política hai que ser responsable e que non é un xogo de quítate ti para porme eu!“, asegura o alcalde en referencia ao conflito aberto no PSOE compostelán despois de que o seis edís desacatasen a orde da dirección local de absterse no voto da ordenanza que regula a comunicación das vivendas de uso turístico. Co apoio dos concelleiros socialistas, que agora se expoñen a medidas disciplinarias do partido, a medida saíu adiante.

ÚLTIMAS

A Xunta avanza co Eixo de Mobilidade Sustentable entre Sar e Milladoiro malia a oposición veciñal

O proxecto da Xunta de Galicia para a construción dun Eixo de Mobilidade Sustentable...

A Romaría de Santa Minia impulsa espazos libres de violencia no seu Punto Lila

A Romaría de Santa Minia, que se celebra no concello de Brión, conta por...

A Festa da Filloa de Lestedo é recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional

A Festa da Filloa de Lestedo, no concello de Boqueixón, foi oficialmente recoñecida como...

Goretti Sanmartín aposta por políticas de vivenda e conciliación para atraer poboación a Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, defendeu este sábado as políticas de...

Os socialistas de Ames retoman reunións e anuncian unha homenaxe a Manolo Paz

A agrupación dos Socialistas de Ames celebrou a primeira das súas reunións executivas mensuais...

O BNG reclama a liberación de peaxes na AP-9 durante as obras da N-550 no Milladoiro

O Bloque Nacionalista Galego anunciou que presentará mocións nos concellos da comarca de Santiago de...

Belén Toimil achega o atletismo ao alumnado de Ames a través do programa Rural Athletics Girls

O pasado venres, a atleta olímpica e récord de España en lanzamento de peso,...