InicioPOLÍTICARueda sobre a taxa turística: "Aprobaremola se cumple os condicionantes"

Rueda sobre a taxa turística: “Aprobaremola se cumple os condicionantes”

Rueda non se opón a prohibir a concesión de licencias a novos establecementos turísticos, o presidente galego non se opón á esta medida, "se está dentro da lei".

Publicado o

Xornal de Compostela

Si ou non, turismofobia ou control do fluxo turístico?. O presidente da Xunta sorprendeu este luns dando por válida a taxa turística que quere implantar o Concello de Santiago, sempre e cando, “cumpra os condicionantes”. Faino uns días despois de alertar sobre actitudes antiturísticas, ou abertamente “turismofóbicas“, nun foro diante da patronal turística.

Pero este luns, preguntado novamente por esta taxa e as críticas da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, por non querer recibila para abordar esta cuestión, Rueda dixo que esa taxa aprobarase “se cumpre os condicionantes”, é dicir, a normativa a este respecto. “O que hai que facer é tramitar isto o antes posible para que se converta en lei“, dixo. Pero, para iso, volveu a pedirlle á rexedora que lle remita os informes pertinentes que avalan esa medida.

“Mantiven reunión con ela en outubre. Manterei reunións periódicas cando toque cos alcaldes. Pero xa naquela xuntanza quedaramos en que ía trasladarme unha documentación sobre a taxa turística, na liña de que o que se recadara revertera para fins xerais. Sigo agardando a que se me remita esa documentación”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Preguntado, ademais, polas novas normativas aprobadas en Santiago para prohibir a concesión de licencias a novos establecementos turísticos, o presidente galego non se opuxo á esta medida, “se está dentro da lei”. “Se se trata de ter máis postos de traballo e riqueza pois é unha decisión do concello”, indicou. Con todo, tamén quixo deixar claro que os negocios dánlle traballo á xente.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Aitor Bouza fía ás primarias a candidatura do PSOE en Santiago e rebaixa a enquisa a “unha ferramenta máis”

A carreira interna por liderar o cartel electoral do PSOE na capital galega comeza...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here