InicioPOLÍTICASantiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade...

Santiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade no centro histórico

O Concello suspende por un ano as licenzas relacionadas co turismo e a hostalaría para favorecer a fixación de poboación e revisar os usos comerciais da zona

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local do Concello de Santiago de Compostela tomou unha decisión relevante este luns ao acordar a suspensión das licenzas e comunicacións previas de actividade relacionadas co turismo, a hostalaría ou o uso residencial no seu centro histórico. Esta medida estará vixente durante un ano, tempo durante o cal se realizará un estudo para determinar como protexer o comercio de proximidade e fixar poboación nesta área emblemática da cidade.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, anunciou esta decisión nun almorzo informativo, destacando que esta moratoria é un paso crítico para revisar e redireccionar o desenvolvemento futuro do centro histórico, asegurando que o comercio local poida continuar sendo unha parte vital da vida económica e social da área.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, subliñou a importancia de protección non só das vivendas senón tamén dos establecementos de comercio local. “Estamos comprometidos con fomentar un centro urbano vibrante onde a xente queira vivir e traballar, o que pasa necesariamente por apoiar os nosos comerciantes locais”, explicou.

Dentro do prazo de un ano, o Concello traballará na modificación do plan especial para a zona, unha tarefa que xa está en marcha no departamento de Lestegás. Entre as excepcións á suspensión de licenzas, non se verán afectadas aquelas actividades que xa posúan licenza de obras previa, as comunicacións de primeira ocupación de vivendas, ou certas oficinas que non teñan carácter turístico.

Esta medida espera contribuír de maneira significativa á revitalización do centro histórico, fomentando unha maior habitabilidade e sustentabilidade, e minimizando o impacto do turismo masivo que pode desplazar as actividades comerciais tradicionais dos residentes locais.

O PP PIDE “PRUDENCIA”

En declaracións feitas esta mañá por parte do líder do Partido Popular local Borja Verea, a oposición sinalou que cómpre “ser prudentes” e esperar a coñecer “a letra pequena do DOG”, que entrará en vigo mañá martes.

O popular preguntouse ademais como se vai facer para diferenciar un comercio dedicado á hostelería dun que é para a cidadanía. Ciutou así exemplos como “as tendas de roupa, os restaurantes ou as xeaderías”, locais dos que, asegura, tamén desfruta a veciñanza de Santiago.

RUEDA: “O CONCELLO TEN CAPACIDADE E AUTONOMÍA PARA FACELO”

Na súa comparecencia posterior ao Consello, Alfonso Rueda tamén foi preguntado sobre esta decisión da xunta de goberno local. Respecto diso, o presidente galego asegurou descoñecer o detalle da proposta, máis aló do anuncio realizado por Sanmartín, e manifestou que, se a decisión “cumpre a normativa”, a Xunta “ten moi pouco que dicir”.

O Concello ten capacidade e autonomía para facelo. Deberá asumir as consecuencias e explicala, co que supón en termos de postos de traballo e riqueza. Supoño que todo isto está valorado polo equipo de goberno”, resolveu.

ÚLTIMAS

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...