InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago reunirase cos funcionarios de Raxoi o vindeiro luns

A alcaldesa de Santiago reunirase cos funcionarios de Raxoi o vindeiro luns

Un grupo de funcionarios do Concello de Santiago aproveitaron a recepción oficial no Pazo de Raxoi, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia, na que participou, xunto a outros represenantes municipais, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, para facer ouvir as súas reivindicacións

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de funcionarios do Concello de Santiago aproveitaron a recepción oficial no Pazo de Raxoi, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia, na que participou, xunto a outros represenantes municipais, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, para facer ouvir as súas reivindicacións.

En declaracións a Europa Press, Ana Carricoba, representante sindical de UGT en Raxoi, trasladou que foi unha protesta “tranquila” e “simpática” na que, a través duns adhesivos que emulaban os ‘tois’ de Bollycao dos 90, os funcionarios trasladaron as súas principais reivindicacións, que centran na “estabilización” e a equiparación de niveis.

Se fontes municipais consultadas por Europa Press recalcaron que as principais demandas dos funcionarios xa foron “aprobadas”, a representante sindical afirmou que non hai concreción e urxen pasos específicos.

No foco pon que se culmine a estabilización de traballadores que levaban anos como temporais e, despois de pecharse o proceso en xaneiro, aínda non tomaron posesión das súas prazas. Pero tamén insisten na equiparación de niveis.

Segundo indicou a representante sindical, terán a oportunidade de abordar ambas as cuestións nunha reunión con Sanmartín prevista para o vindeiro luns pola mañá.

ÚLTIMAS

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Pedro Sánchez reúne 10.000 persoas en Santiago e apela ao voto feminino para defender os dereitos sociais o 29N

O presidente do Goberno e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, reuniu este venres...

Marc Marginedas: “O meu secuestro reforzou a miña vocación de xornalista”

A propaganda converteuse nun dos principais instrumentos de influencia internacional do Kremlin. Así o...

Santiago estrea a credencial especial do Xacobeo 2027: xa está dispoñible para os peregrinos

A Oficina de Acollida ao Peregrino presentou este venres, 20 de novembro, a Credencial...

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Pedro Sánchez reúne 10.000 persoas en Santiago e apela ao voto feminino para defender os dereitos sociais o 29N

O presidente do Goberno e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, reuniu este venres...