InicioPOLÍTICAVerea pide explicacións ao Concello ante o posible impago da nómina de...

Verea pide explicacións ao Concello ante o posible impago da nómina de setembro ás traballadoras do SAF

O PP asegura que preto de 200 empregadas foron informadas de que non cobrarán este mes e lembra que continúa pendente a paga extraordinaria do verán

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou ao Goberno municipal unha resposta ante a información recibida polas preto de 200 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de que non percibirán a nómina correspondente ao mes de setembro. O portavoz popular pediu ao Concello que confirme publicamente esta situación e detalle as actuacións realizadas coa empresa responsable do servizo.

As profesionais do SAF encárganse da atención nos domicilios de persoas maiores e dependentes de Santiago. Segundo trasladou Verea, as traballadoras terían coñecido a situación ao chegar ao final do mes, polo que reclamou ao executivo municipal que explique as medidas previstas para garantir o pagamento dos salarios.

“Pedímoslle ao goberno municipal que confirme publicamente se é certo e, se é así, que explique que actuacións realizou ante a empresa e que medidas vai adoptar. Estamos falando de 200 traballadoras que cumpriron co seu traballo e que agora chegan a final de mes sen cobrar”, sinalou o líder dos populares composteláns.

Verea puxo o foco nas consecuencias económicas que un eventual impago pode ter nos fogares das empregadas, especialmente nos gastos habituais vinculados á vivenda, á alimentación ou aos recibos. “Nun momento especialmente complicado polo custo da vivenda e da vida diaria, deixar a 200 traballadoras sen a súa nómina significa poñerlles moito máis difícil pagar o alugueiro ou a hipoteca, facer a compra ou afrontar os recibos”, afirmou.

A situación denunciada polo PP non se limitaría á mensualidade de setembro. Segundo a información trasladada polos traballadores aos populares, continúa pendente o pagamento da paga extraordinaria do verán e parte do persoal estaría a adiantar cos seus propios recursos os gastos derivados dos desprazamentos necesarios para realizar as atencións domiciliarias.

Ante este escenario, Verea reclama ao Concello que exerza as súas funcións de supervisión como administración responsable do contrato e demande á empresa encargada do SAF o cumprimento das súas obrigas co persoal. O popular considera que o Goberno municipal debe informar tamén das medidas que está a adoptar para resolver a situación.

“Un goberno que se define como social non pode permanecer impasible cando 200 traballadoras dun servizo público esencial non cobran. A sensibilidade social demóstrase nestes momentos: estando ao lado das persoas e buscando solucións”, declarou Verea.

O portavoz do PP relacionou tamén este episodio coa xestión diaria dos servizos municipais e incidiu na necesidade de garantir tanto os dereitos económicos das profesionais como a continuidade da atención ás persoas que dependen do SAF. “Aquí temos traballadoras que non cobran e persoas maiores e dependentes que necesitan que este servizo funcione. O goberno municipal ten que actuar e dar explicacións”, concluíu.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here