InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago denuncia un “cuarto colapso” sanitario e reclama á...

O PSOE de Santiago denuncia un “cuarto colapso” sanitario e reclama á Xunta reforzos inmediatos no PAC

Aitor Bouza critica a supresión da atención dos sábados nos centros de saúde e anuncia iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, denunciou un novo episodio de saturación no sistema sanitario da área compostelá, que cualificou como un “cuarto colapso” tras os problemas rexistrados nas urxencias hospitalarias, na atención primaria e nas listas de agarda.

Segundo explicou, a situación actual está vinculada á modificación introducida pola Xunta de Galicia na atención sanitaria dos sábados, que elimina o servizo en horario de mañá nos centros de saúde e centraliza a asistencia no Punto de Atención Continuada (PAC) de Santiago. Para Bouza, esta decisión supón un incremento da presión asistencial nun único dispositivo, afectando tanto á cidade como á súa contorna.

O dirixente socialista sinalou que o primeiro día de aplicación da medida, o pasado 4 de abril, rexistrouse unha situación que cualificou de “absolutamente crítica”, con ata 60 persoas en espera no PAC. Neste sentido, advertiu de que a reorganización “afasta o punto de atención” para veciñanza doutros municipios da comarca como O Pino, Teo, Touro, A Estrada, Val do Dubra, Boqueixón ou Vedra.

Bouza relacionou este novo episodio cun problema estrutural de falta de persoal sanitario e afirmou que a medida “demostra que faltan profesionais para poder atender as persoas”. Ademais, criticou a xestión da área sanitaria, á que cualificou de “ineficiente”, e cuestionou que non se producisen dimisións tras os distintos episodios de saturación rexistrados nos últimos meses.

O PSOE anunciou que trasladará esta situación ao Parlamento de Galicia mediante unha batería de iniciativas co obxectivo de reclamar unha “rectificación inmediata” por parte do Goberno autonómico, presidido por Alfonso Rueda. Entre as demandas, inclúese o reforzo de persoal e a recuperación dunha atención sanitaria que, segundo Bouza, garanta “condicións dignas” para a cidadanía.

O responsable socialista tamén instou ao líder local do PP, Borja Verea, a posicionarse sobre esta cuestión e a defender os intereses da veciñanza compostelá. Neste sentido, pediu que traslade as demandas ao seu partido a nivel autonómico e que actúe como “altofalante” das reclamacións cidadás.

ÚLTIMAS

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here