InicioPOLÍTICASanmartín afirma que a declaración de Santiago como mercado residencial tensionado “chega...

Sanmartín afirma que a declaración de Santiago como mercado residencial tensionado “chega tarde” e reclama axilizar a súa aplicación

A alcaldesa sinala que a resolución permitirá acceder a máis axudas e activar políticas de vivenda, aínda que critica o atraso na súa aprobación

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a cidade foi declarada oficialmente como zona de mercado residencial tensionado, tras recibir a resolución asinada na mañá deste venres.

Segundo explicou, esta decisión permitirá ao Concello aplicar medidas de contención dos prezos do alugueiro previstas na lexislación estatal, así como acceder a maiores recursos no Plan Estatal de Vivenda. “Estamos ante unha moi boa nova para o Concello de Santiago”, afirmou.

A rexedora indicou que a cidade cumpre amplamente os criterios esixidos, destacando que o prezo do alugueiro medrou nos últimos cinco anos por riba do IPC, chegando a duplicar o incremento requirido como indicador. Tamén sinalou que o custo da vivenda segue a aumentar, aínda que cun ritmo menor que noutros municipios próximos.

Sanmartín criticou, non obstante, o proceso de comunicación da resolución, que cualificou de tardío. “Esta declaración chega tarde, sen ningunha dúbida”, asegurou, ao tempo que lamentou que o Concello tivese coñecemento previo a través dos medios de comunicación.

O goberno local dispón agora dun prazo de dous meses para aprobar definitivamente o plan de medidas correctoras, que xa foi elaborado polo departamento de Urbanismo e Vivenda e que inclúe accións para regular o mercado e mellorar o acceso á vivenda. A alcaldesa avanzou que este documento será presentado con detalle nos vindeiros días.

Entre os efectos inmediatos da declaración, o Concello poderá limitar os incrementos de prezos en determinadas circunstancias e reforzar políticas públicas orientadas a garantir o acceso á vivenda. “Defendemos que a vivenda é un dereito para o conxunto da poboación”, subliñou.

Sanmartín indicou ademais que a efectividade plena das medidas dependerá da validación definitiva por parte da administración estatal, un trámite que, segundo experiencias anteriores, podería demorarse varias semanas. Mentres tanto, o executivo municipal continuará desenvolvendo e actualizando o plan, que definiu como un “documento vivo” suxeito a revisión continua.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso chama a concentrar o voto da esquerda á Cámara Alta

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso presentou en rolda de prensa un...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here