InicioPOLÍTICAMercedes Rosón levará ao Pleno a situación do treito final da rúa...

Mercedes Rosón levará ao Pleno a situación do treito final da rúa dos Forniños pola falta de claridade sobre a súa titularidade

A concelleira non adscrita denuncia a ausencia de resposta municipal tras case tres anos e pide garantías xurídicas para a veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón anunciou que trasladará ao vindeiro Pleno municipal a situación do treito final da rúa Forniños, un asunto que, segundo explicou, continúa sen resolución por parte do Concello malia as solicitudes realizadas pola veciñanza.

Rosón lembrou que foi en xuño de 2023 cando varias persoas residentes na zona pediron ao goberno local un informe para esclarecer a titularidade deste tramo, unha cuestión que, a día de hoxe, segue sen resposta. Segundo indicou, esta falta de información está a xerar incerteza entre a veciñanza, ao existir versións contraditorias sobre a propiedade do espazo.

A edil sinalou que hai un particular que afirma ter adquirido ese treito, mais advertiu de que esa circunstancia non figura recollida no catastro, polo que non se pode determinar con claridade se se trata dunha vía pública ou dunha propiedade privada. “Estamos ante unha situación que xera moitas dúbidas”, apuntou.

Ademais, Rosón puxo o foco nun elemento adicional: a existencia histórica dun paso de conexión coa rúa da Campiña, empregado tradicionalmente pola veciñanza. Neste sentido, considera necesario aclarar se existe unha servidume de pasoe, no seu caso, se debe ser mantida e garantida.

A concelleira incidiu en que a súa iniciativa busca obter “claridade, seguridade xurídica e unha resposta ás persoas que levan case tres anos agardando”, ao tempo que reclamou ao Concello que resolva unha situación que afecta directamente ao uso e á accesibilidade dun espazo urbano.

ÚLTIMAS

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here