InicioPOLÍTICAVerea critica a paralización das obras na rúa García Lorca e reclama...

Verea critica a paralización das obras na rúa García Lorca e reclama explicacións ao Goberno local

O líder popular reuniuse con máis de 30 veciños, que denuncian falta de información e unha obra parada dende decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a rúa García Lorca para coñecer a situación das obras paralizadas nesta vía e recoller as queixas da veciñanza afectada. Durante o encontro, no que participaron máis de 30 residentes, o dirixente cualificou o estado actual da rúa como “inaceptable” e atribuíu a situación á xestión do Goberno municipal de BNG e Compostela Aberta.

Segundo explicou Verea, a intervención quedou interrompida antes do Nadal, momento no que, segundo indicou, a empresa encargada dos traballos abandonou a actuación. O portavoz popular asegurou que a veciñanza carece de información sobre o estado do proxecto: “é inaceptable, é unha vergoña e é unha tomadura de pelo para todos os veciños de García Lorca a situación na que están”.

Neste sentido, criticou a falta de comunicación por parte do Executivo local e sinalou que “o que hai que facer é comunicalo aos veciños, corrixilo e continuar cos traballos”. Tamén incidiu en que a rúa leva anos pendente de actuacións, sen que se chegase a completar unha solución definitiva, e afirmou que o resultado actual da obra é “unha auténtica chapuza”.

O líder popular reclamou ao Goberno municipal “respecto para os veciños” a través de maior información e presenza institucional na zona, e pediu que se retomen os traballos de maneira inmediata. Ademais, criticou a ausencia da alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que responsabilizou da situación: “quen tiña que estar aquí estas semanas é a alcaldesa”.

Pola súa banda, a presidenta da Asociación de Veciños de Guadalupe, Isolina Barreiro, explicou que os residentes levan meses agardando por avances nunha obra que, segundo indicou, comezou en setembro de 2025, malia estar prevista inicialmente para maio de 2023. Barreiro sinalou que os traballos quedaron paralizados arredor do 14 de decembro tras detectarse fibrocemento na zona, e que dende entón “non se fixo absolutamente nada máis”.

A representante veciñal denunciou tamén a falta de información sobre o futuro da intervención: “non temos ningunha resposta nin información do que está a pasar”. Segundo relatou, co paso das semanas foron retirándose materiais e valados ata deixar a rúa “completamente abandonada”.

Barreiro indicou que a veciñanza leva “case cinco meses” convivindo coa paralización das obras e coas súas consecuencias no día a día, e cualificou a situación de “vergoña” ao considerar que non se ofreceron explicacións nin prazos de solución por parte do Concello.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here