InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago reclama información sobre a paralización das obras na...

O PSOE de Santiago reclama información sobre a paralización das obras na rúa García Lorca

A concelleira Marta Abal denuncia a falta de avances e pide ao goberno local que comunique prazos claros á veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, a través da concelleira Marta Abal, trasladou a súa preocupación pola situación das obras de reurbanización na rúa García Lorca, no barrio de Guadalupe, que segundo sinala levan máis tempo paralizadas que en execución dende o seu inicio en setembro de 2025.

Segundo explicou Abal, a veciñanza da zona atópase inquieta ante a falta de actividade visible na obra e pola ausencia de información sobre cando se retomarán os traballos. A edil indicou que o goberno local comunicara previamente que a necesidade de introducir modificacións no proxecto implicaría un atraso aproximado dun mes na reactivación, un prazo que, segundo denuncia, xa foi superado sen que se produzan avances.

Neste contexto, a concelleira socialista asegurou que a situación actual é a dunha intervención “abandonada sen actividade visible”, o que incrementa a incerteza entre as persoas residentes na contorna.

ESIXENCIA DE TRANSPARENCIA E PRAZOS CONCRETOS

Dende o PSOE reclaman ao executivo municipal que facilite información clara e actualizada sobre o estado da actuación. Abal insistiu na necesidade de que se comunique á veciñanza unha data concreta para a reanudación das obras e que se revise o calendario previsto en función da situación actual.

A edil subliñou que, aínda que este tipo de intervencións urbanísticas implican molestias inevitables, estas non deben verse agravadas pola falta de comunicación institucional. Neste sentido, afirmou que “as molestias que unha intervención destas características provoca na vida do barrio son inevitables, pero non poden verse agravadas pola falta de información e pola ausencia de diálogo”.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here