InicioPOLÍTICALouzao critica as declaracións da Xunta sobre os aeroportos e reclama unha...

Louzao critica as declaracións da Xunta sobre os aeroportos e reclama unha política galega coordinada

A concelleira de Turismo de Santiago responde ao director da Axencia de Turismo e acusa á Xunta de non asumir as súas competencias en materia aeroportuaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, manifestou a súa sorpresa e rexeitamento ante as recentes declaracións do director da Axencia de Turismo de Galicia sobre a suposta “visión localista” dos concellos con aeroportos. A edil cualificou estas afirmacións como “absolutamente intolerables” e asegurou estar “totalmente atónita” pola interpretación realizada desde o organismo autonómico.

Louzao defendeu que tanto ela como a alcaldesa compostelá levan anos reclamando unha política aeroportuaria de ámbito galego, que debería estar liderada pola Xunta como administración con competencias supramunicipais. Segundo indicou, esta demanda foi reiterada ao longo do actual mandato en distintos foros institucionais, sen obter resposta por parte do Goberno galego.

Neste contexto, a responsable municipal sostivo que, ata o momento, foron os propios concellos os que asumiron tarefas relacionadas coa captación de rutas aéreas e promoción, incluíndo contactos coas compañías e campañas de márketing. “É cada concello o que tivo que estar sostendo este traballo”, sinalou, ao tempo que comparou a situación galega coa doutros territorios onde, segundo afirmou, os gobernos autonómicos si impulsan a conectividade aérea.

A concelleira tamén fixo referencia á evolución do aeroporto compostelán, indicando que, tras a reapertura da pista, o aeródromo Rosalía de Castro contará con ata 17 conexións internacionais, resultado das accións desenvolvidas nos últimos meses. Neste sentido, interpretou o recente anuncio da Xunta de implicarse na promoción aeroportuaria como un cambio de postura que, ao seu xuízo, evidencia a falta de actuación previa neste ámbito.

Louzao insistiu en que o Concello de Santiago mantivo unha posición de “altura de miras e xenerosidade”, apostando por un modelo coordinado para o conxunto de Galicia. Así mesmo, expresou a súa disposición a manter unha reunión co director da Axencia de Turismo para abordar esta cuestión, lembrando que leva “case tres anos” solicitando ese encontro sen que, segundo afirmou, se chegase a concretar.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here