InicioPOLÍTICAMila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita insta a paralizar a licitación ata que a corporación municipal determine a fórmula de prestación do servizo

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para o seu debate no Pleno municipal coa que reclama que sexa este órgano o que determine a forma de xestión do servizo relativo ao ciclo integral da auga.

A iniciativa parte da referencia a acordos plenarios anteriores, en concreto unha moción aprobada en xaneiro de 2022 polos grupos municipais do PP, Compostela Aberta e BNG. Segundo recolle o texto presentado, aquel acordo establecía que corresponde ao Pleno decidir o modelo de xestión dos servizos municipais, de acordo coa lexislación vixente.

Na proposición, Castro lembra que nese momento se sinalaba que a opción dunha xestión indirecta do servizo non debía considerarse inmutable, e que, unha vez rematado o contrato en vigor, o Pleno podía volver avaliar e decidir o modelo máis axeitado. O documento indicaba tamén que só no caso de optar novamente por unha fórmula indirecta podería a Xunta de Goberno Local desenvolver as súas competencias para a súa tramitación.

ACORDOS PREVIOS E DEBATE RECENTE

A concelleira tamén fai referencia a outro acordo adoptado en novembro de 2018, relativo á creación dunha comisión encargada de estudar a forma máis sustentable e eficiente de xestionar o servizo da auga. Esa proposta foi elevada ao Pleno o pasado 26 de febreiro de 2026, mais non prosperou tras un empate na votación, con seis votos en contra do goberno local, seis a favor e a abstención do Partido Popular.

Segundo expón a edil, as intencións manifestadas polo executivo municipal de avanzar na licitación do servizo sen someter previamente a decisión ao Pleno poderían supoñer, ao seu xuízo, un incumprimento dos acordos adoptados en 2018 e 2022, que foron subscritos polas formacións que actualmente integran o goberno local.

PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO

A proposición presentada inclúe dous puntos principais. En primeiro lugar, solicita que o Pleno exprese novamente a súa vontade de ser o órgano encargado de determinar a forma de xestión do servizo, co obxectivo de evitar posibles inseguridades xurídicas nun futuro proceso de licitación.

En segundo lugar, insta á Xunta de Goberno Local a non aprobar o procedemento de contratación ata que o Pleno adopte unha decisión sobre o modelo de xestión, reclamando que esta determinación se produza “coa maior urxencia posible”.

ÚLTIMAS

Cultura convoca a praza para renovar a dirección do CGAC e abrir unha nova etapa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anunciou a convocatoria dunha praza de libre...

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns

A Policía Local de Ames detivo na mañá deste martes a unha persoa sobre...

O PSdeG critica que o novo contrato de transporte urbano se tramite sen participación veciñal en Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, cuestionou o proceso de elaboración do...

O PP acusa a Goretti Sanmartín de incumprir o compromiso sobre o modelo de xestión da auga

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, compareceu este martes en rolda...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here