InicioPOLÍTICAO PSdeG critica que o novo contrato de transporte urbano se tramite...

O PSdeG critica que o novo contrato de transporte urbano se tramite sen participación veciñal en Santiago

Marta Abal cuestiona o procedemento do Goberno local e alerta de carencias na cobertura en parroquias como Busto

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, cuestionou o proceso de elaboración do novo contrato de transporte urbano impulsado polo Goberno municipal de Santiago, ao considerar que se está a desenvolver sen a implicación previa da veciñanza.

Segundo explicou, o executivo liderado por Goretti Sanmartín estaría a presentar o modelo unha vez definidos os pregos e iniciado o procedemento administrativo, unha dinámica que cualificou como unha actuación “sen contar coa veciñanza” nunha decisión que afecta ao conxunto da cidade. Neste sentido, Abal afirmou que o Goberno local “volve actuar cunha lóxica de todo para o pobo pero sen o pobo”.

A edil socialista sinalou que a recollida de achegas cidadás se está producindo nun momento posterior á definición do contrato, amparándose —segundo indicou— na flexibilidade do modelo para introducir cambios. Porén, advertiu de que esta circunstancia non garante modificacións reais e puxo como exemplo a situación dalgunhas zonas do rural compostelán.

Abal incidiu en que o novo contrato, ao que cualificou como o de maior orzamento na historia do municipio, presenta deficiencias na cobertura, mencionando de maneira específica a parroquia de Busto, que —segundo indicou— quedaría sen servizo de transporte urbano.

Neste contexto, defendeu que unha decisión deste alcance debe contar cun proceso previo de diálogo coa cidadanía. “Unha decisión tan importante como o funcionamento do servizo de transporte público non pode tomarse de costas á cidadanía”, afirmou, ao tempo que subliñou que a orde do proceso participativo debería inverterse, escoitando primeiro as demandas veciñais e adoptando despois as decisións.

CHAMAMENTO A UN CAMBIO NO MODELO DE PARTICIPACIÓN

A concelleira socialista reclamou unha modificación na forma de xestionar este tipo de procesos, apostando por un modelo baseado no diálogo e na construción de consensos. Así, asegurou que “Santiago precisa un goberno que escoite antes de actuar, que dialogue e que conte coa xente desde o principio”.

Finalmente, Abal apuntou que a participación efectiva da cidadanía resulta clave para deseñar servizos públicos que respondan ás necesidades reais da poboación e garantan unha cobertura equilibrada en barrios e parroquias do termo municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here