InicioPOLÍTICAO Goberno de Santiago activa os contactos coa segunda empresa tras a...

O Goberno de Santiago activa os contactos coa segunda empresa tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

O Concello estuda penalidades á adxudicataria e garante a continuidade do servizo mentres se tramita unha nova adxudicación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno local de Santiago de Compostela iniciou os primeiros contactos coa segunda empresa clasificada no proceso de adxudicación do contrato de dinamización e mediación da rede de centros socioculturais, un dos tres lotes nos que se dividirá a xestión deste servizo municipal. A decisión prodúcese despois de que a empresa Eulen, á que se lle adxudicara o contrato o pasado 21 de xaneiro, renunciase á súa formalización a poucos días de rematar o prazo para a sinatura.

Ante esta situación, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou en rolda de prensa que o Concello está a analizar “todas as vías legais posibles” para impoñer penalidades á empresa adxudicataria pola súa renuncia. A mandataria cualificou a decisión de Eulen como “inexplicable” e sinalou que as xustificacións achegadas “non convencen nin se entenden”, ao tempo que definiu a actuación como “unha actuación de irresponsabilidade”.

Segundo indicou, o Executivo municipal puxo xa en marcha o procedemento administrativo necesario para que a segunda empresa poida asumir o contrato, co obxectivo de que “canto antes poida haber unha nova adxudicación”. Mentres tanto, Sanmartín precisou que o servizo segue en funcionamento a través dunha empresa en réxime de continuidade, e que se está a avaliar “a posibilidade de continuidade ou non ata que outra empresa se faga cargo” da xestión definitiva.

A alcaldesa confirmou tamén que o Goberno local mantivo contactos cos representantes do persoal afectado, aos que lles trasladou a súa “preocupación” pola situación e a súa “intención” de resolver o proceso coa maior celeridade posible para garantir tanto o servizo como os dereitos laborais.

ÚLTIMAS

As candidatas á reitoría da USC debaten co estudantado sobre participación, docencia, lingua e vivenda

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acolleu na tarde deste xoves un debate...

O CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición ‘Internalities’, chegada da Bienal de Arquitectura de Venecia

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a súa programación expositiva de 2026...

Compostela celebrará o legado de Rosalía de Castro cunha vintena de actividades na oitava edición do seu festival

Compostela acollerá os días 21 e 22 de febreiro a oitava edición do festival...

O Concello de Santiago anuncia a cesión de parcelas para vivenda pública en Castro de Abaixo

O Goberno local de Santiago de Compostela anunciou a cesión de dúas parcelas municipais...

O Concello de Santiago anuncia a cesión de parcelas para vivenda pública en Castro de Abaixo

O Goberno local de Santiago de Compostela anunciou a cesión de dúas parcelas municipais...

PSOE e PP critican a xestión municipal tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación pola situación xerada despois...

A alcaldesa inicia os encontros individuais coa veciñanza para escoitar propostas e dúbidas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, deu comezo este xoves á primeira...