InicioPOLÍTICAPSOE e PP critican a xestión municipal tras a renuncia de Eulen...

PSOE e PP critican a xestión municipal tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

A concelleira socialista Marta Abal responsabiliza ao Goberno local da situación e pide garantir a continuidade do servizo e os dereitos laborais do persoal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación pola situación xerada despois de que a empresa Eulen anunciase a súa renuncia ao Contrato para a Dinamización e Mediación Sociocultural da Rede de Centros Socioculturais. A concelleira socialista Marta Abal advertiu das consecuencias que esta decisión pode ter tanto para o persoal como para a continuidade dun servizo que cualificou de esencial para a cidade.

Nas súas declaracións, Abal trasladou a solidariedade do seu grupo coas traballadoras e traballadores afectados, sinalando que “non poden seguir pagando as consecuencias dunha mala xestión”. A edil atribuíu a situación ao Goberno municipal formado polo Bloque Nacionalista Galego e Compostela Aberta, aos que responsabilizou directamente da crise aberta no ámbito dos centros socioculturais.

Segundo expuxo a representante socialista, a renuncia da empresa concesionaria é o resultado dunha xestión que cualificou de deficiente, marcada pola falta de previsión e pola ausencia de resposta ante incumprimentos coñecidos. “Foi o Executivo Municipal quen permitiu que o problema medrase ata converterse nunha crise que hoxe pon en risco os dereitos das traballadoras e a estabilidade dun servizo público esencial”, afirmou.

Desde o PSOE consideran que a rede de centros socioculturais atravesa “a peor etapa da súa historia” e reclaman responsabilidades políticas polo sucedido. A formación insiste en que a prioridade debe ser garantir a estabilidade laboral do persoal e asegurar a continuidade do servizo con todas as garantías, evitando novas situacións de incerteza.

A concelleira subliñou tamén o papel que estes equipamentos teñen na vida comunitaria de Santiago de Compostela, ao considerar que son fundamentais para a cohesión social da cidade. Neste sentido, Abal advertiu de que “non cabe máis improvisación nin máis erros” na xestión dun servizo que atende a unha parte relevante da veciñanza.

CRÍTICAS POR PARTE DO PP

Dende o Partido Popular de Santiago sumáronse ás críticas á xestión municipal pola situación nos Centros Socioculturais. O concelleiro popular José Ramón de la Fuente exixiu á alcaldesa Goretti Sanmartín que dea explicacións públicas, que asuma persoalmente a xestión da crise e que garanta os postos de traballo e os dereitos laborais do persoal afectado. Segundo denunciou, o goberno local formado polo Bloque Nacionalista Galego e Compostela Aberta deixou de lado aos traballadores desde o inicio do mandato, malia as advertencias reiteradas do PP sobre a situación que atravesaban os centros. De la Fuente acusou o executivo municipal de pasividade e de evitar dar explicacións, asegurando que a situación era coñecida e que os traballadores “levan meses sufrindo e agora pagando a costa das súas propias nóminas”.

O edil popular puxo o foco tamén na xestión do contrato coa empresa Serviplustotal, ao afirmar que o goberno local continuou pagando as facturas con regularidade malia saber que non se estaban abonando as nóminas ao persoal. Ademais, reclamou aclaracións sobre o acordo alcanzado no outono de 2024 cando a empresa solicitou a rescisión do contrato e posteriormente retirou esa petición, e cuestionou a explicación ofrecida sobre a renuncia da nova adxudicataria. Segundo o PP, as débedas cos traballadores e os conflitos laborais xa eran coñecidos desde a fase de licitación. De la Fuente tamén preguntou polos atrasos na licitación, pola falta de penalización á concesionaria e pola tardanza na retención de pagamentos para garantir os salarios, e concluíu que, ante o que cualificou como “enésima crise” dos Centros Socioculturais, “só cabe a asunción de responsabilidades mediante dimisións”.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here