InicioPOLÍTICARueda non descarta aumentar os fondos pola capitalidade en Santiago

Rueda non descarta aumentar os fondos pola capitalidade en Santiago

Tamén puxo en valor todo o investimento que o Goberno galego destina á cidade.

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que non descarta aumentar a partida que a Administración autonómica traslada ao Concello de Santiago en concepto de capitalidade e puxo en valor todo o investimento que o Goberno galego destina á cidade. Preguntado polas peticións da alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, de aumentar estas partidas, o presidente da Xunta lembrou que este asunto xa foi abordado entre ambos na reunión mantida hai uns meses e incidiu en que esta partida “non é a única asignación” de fondos da Xunta que recibe o Consistorio.

Así, tras lembrar que Santiago recibe diñeiro a través do Fondo de Cooperación Local, a través do Consorcio, así como en investimentos concretos como o saneamento e actuacións en distintos puntos da cidade, asegurou entender esta reclamación “lexítima”, pero incidiu en que o “esforzo” da Xunta na cidade “está a ser importante”. “Non descarto un aumento, pero tamén reivindico para sucesivos orzamentos pór en valor todo aquilo que se está achegando e que se o levamos a unha suma global será unha cantidade importante”, sostivo. Ademais, tras recoñecer que o feito de que as instalacións da Xunta están situadas na cidade pode motivar “cargas adicionais”, dixo que iso tamén implica, “sen ningunha dúbida”, “beneficios a maiores”.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...