InicioPOLÍTICAO PSdeG critica o atraso do párking do CHUS e acusa a...

O PSdeG critica o atraso do párking do CHUS e acusa a Xunta de “incumprir os prazos comprometidos”

Aitor Bouza anuncia iniciativas parlamentarias e municipais para esixir que o proxecto se execute canto antes e reclama maior implicación do Concello de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que o seu grupo levará ao Parlamento de Galicia e ao Pleno municipal novas iniciativas para reclamar á Xunta de Galicia o cumprimento dos compromisos adquiridos en 2024 respecto á construción dun novo aparcadoiro no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Segundo explicou Bouza, o protocolo asinado entre administracións comprometía o inicio das obras en 2026, mais o estudo previo de viabilidade, licitado pola Xunta no pasado mes de agosto, ten un prazo de doce meses, o que, na súa opinión, “impide que o proxecto arrinque nos prazos previstos”. “A dous meses de rematar o 2025, é evidente que o compromiso non se vai cumprir”, sinalou.

O dirixente socialista acusou á Xunta de dar “unha nova patada para adiante” e criticou tamén o “silencio” do Concello de Santiago, ao que pediu “esixir á Xunta que cumpra cos veciños e veciñas da cidade”. Bouza insistiu en que a falta dun espazo axeitado de estacionamento “dificulta o acceso das persoas usuarias, moitas delas con problemas de mobilidade”, e lembrou que “o transporte público ao hospital é xa un auténtico galimatías”.

Durante a súa intervención, o portavoz compostelán defendeu que o futuro aparcadoiro “é unha infraestrutura prioritaria e urxente” que debe “mellorar o acceso e reducir o estrés das persoas que acoden ao hospital”, tal e como recollía o propio estudo de mobilidade da Xunta. “De nada serve facer plans se non se van cumprir”, advertiu, reclamando transparencia nos acordos e coñecer as condicións do futuro convenio entre institucións.

O SERGAS NEGA O COLAPSO DE URXENCIAS DO CHUS

Preguntado sobre a situación actual nas urxencias do CHUS, Bouza cualificou de “decepción absoluta” as palabras do xerente do Sergas, que negou o colapso asistencial, e asegurou que se trata “dun problema estrutural pola falta de planificación da Xunta”.

SITUACIÓN NO GOBERNO LOCAL

Finalmente, o líder socialista compostelán tamén valorou a situación política no Concello, que definiu como de “desgoberno absoluto”. “Cada semana hai unha nova crise e non se avanza nos proxectos de cidade: nin no contrato da auga, nin no párking do hospital, nin noutros servizos esenciais”, afirmou, pedindo á alcaldesa Goretti Sanmartín “máis diálogo, máis traballo e menos confrontación”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here