InicioPOLÍTICAO Ateneo de Santiago inaugura o novo curso do Seminario Europa cunha...

O Ateneo de Santiago inaugura o novo curso do Seminario Europa cunha sesión dedicada aos retos actuais da UE

O programa contará coa participación dos catro eurodeputados galegos e especialistas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago deu a coñecer este martes o programa do Seminario Europa para o curso 2025-2026, nun acto celebrado na sede da entidade no que interviñeron o presidente, Francisco Candela, e a directora do ciclo, Cristina Ares Castro-Conde, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

A primeira sesión terá lugar este mércores 29 de outubro, a partir das 19:30, e estará protagonizada polo eurodeputado Nicolás González Casares (PSdeG), quen ofrecerá a conferencia titulada «A UE ante os novos deuses fortes».

O programa desenvolverase ata o mes de maio con oito sesións que contarán coa presenza dos catro eurodeputados galegos con representación en Bruxelas —Adrián Vázquez Lázara (PP), Ana Miranda Paz (BNG), Francisco Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE)—, así como con profesorado e especialistas en política europea. Os debates abordarán cuestións de actualidade como as relacións con China, a igualdade de xénero, ou os desafíos da política de cohesión e da seguridade na UE.

Durante a presentación, Francisco Candela destacou que o obxectivo do seminario é “achegar Europa aos cidadáns, para que coñezan a problemática existente, as liñas de traballo que se están a desenvolver e o peso que teñen as decisións europeas na súa vida cotiá”.

Pola súa parte, Cristina Ares lembrou que “en xaneiro cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Europea”, e subliñou que o programa “reivindica unha Europa máis unida, democrática e solidaria, con proximidade á cidadanía”. Engadiu tamén que o seminario mantén o seu carácter de “espazo de debate rigoroso e plural, aberto a persoas de todas as idades e ámbitos sociais”.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here