InicioPOLÍTICAO PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar...

O PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar Medicina na Coruña

O líder dos socialistas galegos considera que "o contido desas afirmacións non contradí o interese" da capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

Grupo Socialista de Santiago decidirá no pleno municipal do próximo xoves se apoia a proposición de reprobación presentada polos exedís do PSOE –agora concelleiros non adscritos– ante o respaldo do presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, á creación dunha Facultade de Medicina na Coruña. O grupo de non ascritos presentará no pleno desta semana unha proposición para a reprobación das declaracións de González Formoso realizadas o 9 de xuño. Naquel momento, defendeu a implantación dunha Facultade de Medicina na cidade herculina. “Hai unha demanda da sociedade de maior ampliación do persoal de médicos que agora se desatende”, sinalou.

Fronte a iso, os edís expulsados do PSOE –partido ao que pertence o presidente provincial– piden a súa reprobación porque consideran que estas declaracións “non son asumibles desde o punto de vista institucional“. En nome deste grupo de concelleiros, Mercedes Rosón subliñou que “o presidente é representante tamén da cidadanía de Santiago de Compostela” e “non pode adoptar unha oposición pública en contra dos intereses de Santiago e de todo a nosa área sanitaria”. Preguntado por esta cuestión nunha rolda de prensa celebrada este luns, o edil socialista Gumersindo Guinarte –en presenza da outra concelleira do grupo, Marta Abal– reiterou a posición adoptada pola corporación municipal no último pleno, que rexeitou por unanimidade a creación dun novo Grao en Medicina en Galicia.

“Obviamente seguimos estando nesa posición de defensa do modelo dunha Facultade de Medicina única, cun ensino descentralizado”, defendeu. “Pensar que habendo máis facultades de Medicina haberá máis oferta de prazas non é necesariamente así”, opinou Guinarte, xa que “non ten sentido que haxa máis alumnos das facultades de Medicina que non teñan prazas de MIR”. “As prazas teñen que estar en consonancia unhas con outras”, defendeu.

“DEIXAR TRABALLAR CON CANTO MENOS RUÍDO, MELLOR”

Preguntado de novo pola posición dos concelleiros non adscritos respecto da posición de González Formoso, o edil socialista opinou que esta “é unha lectura, obviamente, que se pode facer” e circunscribiuse de novo á posición adoptada polo pleno na declración institucional. Ao mesmo tempo, lembrou que o reitor da USC xa traballa nunha comisión para cumprir coas previsións do acordo adoptado no ano 2015, cando as tres universidades decidiron descentralizar Medicina. Neste sentido, instou a “deixar traballar aos responsables deste ámbito” e facelo “con canto menos ruído, mellor”.

Así mesmo, non pechou a porta a apoiar a proposición dos seus antigos compañeiros de formación: “Xa decidiremos no pleno a posición que debemos tomar respecto desa proposición concreta, pero a nosa posición respecto deste tema está clarísima”, trasladou Guinarte. Con todo, asegurou que a corporación municipal “non estará permanentemente facendo declaracións sobre o mesmo”. “Non imos estar reprobando a calquera representante público, político ou doutra natureza”, engadiu.

POSICIÓN DE GÓMEZ BESTEIRO

A este respecto foi preguntado este luns en rolda de prensa o líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, que recoñeceu que non sabe que fará o grupo municipal na capital galega, pero defendeu que non opina “sobre o que decidan persoas que non forman parte da organización”. En todo caso, sinalou que cre que non votarán a favor desa reprobación ao presidente da Deputación da Coruña porque “o contido desas afirmacións non contradí o interese” da capital galega, senón que “abre un debate sensato” sobre as expectativas “lexítimas que se xeraron” froito, engadiu, “dun incumprimento dun convenio que se asinou en 2015”.

Nesta liña, Besteiro insistiu en que houbo un convenio en 2015 que establecía “unha coordinación entre todas as universidades” e que “non funcionou”, do que culpou á Xunta. “Non cumprir ese convenio abre as expectativas lexítimas para que nalgunhas universidades crean que poden reclamar xustamente ese proceso. Esa cuestión ten que ser tratada dentro do cumprimento dese convenio e, a partir de aí, de verdade, aproveitar todos os recursos que temos en materia sanitaria”, defendeu. En opinión de Besteiro, iso é o que debe facerse en “coordinación”, xa que “todo o mundo estaba dacordo en 2015 e polo que se ve non se cumpriu”. “A Xunta é responsable desta situación e de fomentar expectativas lexítimas por parte de universidades cando eses convenios non se cumpren”, resolveu.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...