InicioPOLÍTICABorja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a...

Borja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a parcela de Peleteiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, expresou a súa satisfacción polo recente apoio manifestado por colectivos veciñais á proposta de que a parcela do antigo Colexio Peleteiro sexa adquirida polo Concello e destinada a usos públicos, unha iniciativa que, segundo subliñou, o seu partido leva anos defendendo.

Sempre apostamos pola compra municipal deste espazo como un investimento estratéxico para o Ensanche“, lembrou Verea, quen cualificou esta zona como “a última oportunidade” para transformar o barrio cara ao século XXI. Neste sentido, o líder popular valorou positivamente que a cidadanía “se organice e faga propostas que coinciden co noso modelo de cidade”, apostando por un novo “corazón” para o Ensanche.

Segundo o ex candidato á alcaldía, “hai que recuperar a titularidade pública deste solar” e rexeitar a construción de novos bloques residenciais. No seu lugar, defendeu a creación de equipamentos comunitarios e a incorporación de servizos públicos dos que, di, carece actualmente esta zona da cidade. Entre as dotacións propostas polo PP figuran unha residencia de maiores, un centro de día, zonas verdes, instalacións deportivas, unha piscina climatizada, parques infantís e unha praza pública aberta ao conxunto da veciñanza.

Verea contrastou esta proposta coa actitude doutras forzas políticas, ás que acusou de continuar “apostando polo ladrillo, o pelotazo e políticas urbanísticas do pasado”. En cambio, asegurou que o PP ofrece unha “alternativa firme e solvente” para garantir que o espazo se destine a satisfacer necesidades reais da cidadanía compostelá.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here