InicioPOLÍTICABorja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a...

Borja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a parcela de Peleteiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, expresou a súa satisfacción polo recente apoio manifestado por colectivos veciñais á proposta de que a parcela do antigo Colexio Peleteiro sexa adquirida polo Concello e destinada a usos públicos, unha iniciativa que, segundo subliñou, o seu partido leva anos defendendo.

“Sempre apostamos pola compra municipal deste espazo como un investimento estratéxico para o Ensanche“, lembrou Verea, quen cualificou esta zona como “a última oportunidade” para transformar o barrio cara ao século XXI. Neste sentido, o líder popular valorou positivamente que a cidadanía “se organice e faga propostas que coinciden co noso modelo de cidade”, apostando por un novo “corazón” para o Ensanche.

Segundo o ex candidato á alcaldía, “hai que recuperar a titularidade pública deste solar” e rexeitar a construción de novos bloques residenciais. No seu lugar, defendeu a creación de equipamentos comunitarios e a incorporación de servizos públicos dos que, di, carece actualmente esta zona da cidade. Entre as dotacións propostas polo PP figuran unha residencia de maiores, un centro de día, zonas verdes, instalacións deportivas, unha piscina climatizada, parques infantís e unha praza pública aberta ao conxunto da veciñanza.

Verea contrastou esta proposta coa actitude doutras forzas políticas, ás que acusou de continuar “apostando polo ladrillo, o pelotazo e políticas urbanísticas do pasado”. En cambio, asegurou que o PP ofrece unha “alternativa firme e solvente” para garantir que o espazo se destine a satisfacer necesidades reais da cidadanía compostelá.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here