InicioPOLÍTICAO PP de Santiago critica a situación dos contratos dos centros socioculturais...

O PP de Santiago critica a situación dos contratos dos centros socioculturais e pide a dimisión de Xan Duro

O concelleiro José Ramón de la Fuente critica a falta de xestión e transparencia na renovación dos contratos

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, expresou de novo a súa preocupación pola situación dos centros socioculturais da cidade. No mes de xuño rematan tres dos catro contratos que xestionan esta rede e, segundo o edil popular, hai dous contratos que non serán renovados polas empresas encargadas, como é o caso de Serviplustotal e Norintegra. A crise que está a atravesar o servizo, afirmou, é “insostible”.

De la Fuente acusou ao goberno local de falta de transparencia e de non actuar con diligencia respecto á licitación dos novos contratos. “Xa pasaron tres meses desde que solicitamos acceso aos informes técnicos municipais, e aínda non recibimos resposta. A falta de transparencia é un signo distintivo deste goberno da Sra. Sanmartín”, declarou o concelleiro, quen tamén lembrou que en decembro o goberno asegurara que os pregos dos contratos xa estaban redactados, pero cinco meses despois, a licitación segue sen publicarse.

O edil popular criticou ademais ao concelleiro responsable da área, Xan Duro, pedindo a súa dimisión ou o cese por parte da alcaldesa. De la Fuente afirmou que “a incapacidade demostrada polo concelleiro e a quebra da confianza con empresas e traballadores polas mentiras reiteradas non permiten confiar na interlocución co conselleiro para atallar un problema do que el é o principal responsable”.

As empresas afectadas pola falta de xestión denuncian que, malia as promesas do goberno local de resolver a situación, a incerteza persiste tanto para os traballadores, que cobran as súas nóminas con retraso, como para os usuarios, que temen que as actividades se suspendan en calquera momento.

Ante esta situación, De la Fuente pediu á alcaldesa que tome medidas e que reciba aos traballadores afectados pola crise laboral derivada desta situación, aos que, segundo o concelleiro, “se lles nega sistematicamente a posibilidade de ser recibidos”.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here